Prazo de inscrición pechado.
A Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía del deporte, impulsada polo grupo HM Hospitales e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais promover unha formación de calidade no campo de Traumatoloxía do Deporte nos ámbitos da Medicina, Fisioterapia e da Educación Física, da que poden aproveitarse os profesionais da contorna da UDC e da cidade de A Coruña.
É por iso que a Cátedra HM-UDC convoca para o curso académico 2023-2024 unha bolsa de formación para médicos interesados no ámbito da Traumatoloxía do Deporte. Ofrece a médicos que non tivesen unha formación específica dentro do seu programa de estudos de Medicina, nin nas diferentes especialidades médicas vía M.I.R. a posibilidade de realizar unha formación específica no ámbito da Traumatoloxía do Deporte, nun centro de referencia nacional e internacional.
Presentación de solicitudes
O prazo de solicitude comezará o 20 de setembro e rematará o 15 de novembro de 2023.
Bolsas e contías
A contía da bolsa será de 8.000 euros (período de formación de 12 meses).*
*Excepcionalmente poderán considerarse períodos de formación de 6 meses. Neste caso a contía da bolsa será de 4.000 euros.
As bolsas iniciaranse durante o curso académico 2023-2024 e os lugares de desenvolvemento serán:
Os requisitos para os aspirantes son:
Valoraránse como méritos:
Os baremos de avaliación dos méritos dependendo do grao de afinidade destes coa temática da bolsa son:
Título de licenciado en medicina ou equivalente (expediente académico) | 40% |
Especialidade en Traumatoloxía | 20% |
Doutorado | 15% |
Cursos de formación (másteres, cursos de especializacion, etc.) | 10% |
Publicacións científicas | 10% |
Outros méritos | 5% |
Consulta aquí as bases da convocatoria
Documentación obrigatoria a achegar no momento da realización da inscrición:
Data de celebración: Do 11/09/2023 ó 31/08/2024
Data de inscrición: Do 20/09/2023 ó 15/11/2023
https://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
Bolsas de formación Cátedra HM de Traumatología del deporte de la UDC