O curso sobre Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada pretende formar a especialistas altamente cualificados que, tomando como base os principios fisiolóxicos respiratorios e cardiovasculares do adulto e do neno e a valoración e o exame clínico exhaustivo do paciente, profunden nun modelo de razoamento clínico que facilite a toma de decisións preventivas e terapéuticas ante problemas clínicos cardiorrespiratorios e vasculares de elevada complexidade.
Está orientado a permitir ao estudante, a través dun proceso formal de formación, adquirir coñecementos e habilidades altamente especializadas á vangarda da especialidade en Fisioterapia cardiorrespiratoria, que lle permitan ao profesional desenvolverse en contornas clínicas complexas e cambiantes e contribuír á mellora da atención clínica destes procesos.
Preténdese, ao mesmo tempo, darlle a esta disciplina unha maior proxección social, contribuíndo á súa implantación, non só nas Unidades de Coidados Intensivos e as Unidades de Hospitalización nos grandes centros hospitalarios de atención especializada, senón tamén, nas Unidades de Atención Primaria e Atención Comunitaria e os centros privados monográficos, que permitan achegala a unha poboación cada vez máis sometida a agresións externas ambientais e cunha problemática cardiorrespiratoria crecente.
INFORMACIÓN:
17 ao 19 de novembro 2023 - Fisiopatoloxía das Enfermidades Cardiorrespiratorias
1 ao 3 de decembro 2023 - Valoración Cardiorrespiratoria Avanzada
19 ao 21 de xaneiro 2024 - Programas de Rehabilitación Pulmonar e Prescrición de Exercicio Terapéutico no Paciente con Enfermidade Respiratoria Obstructiva Crónica
23 ao 25 de febreiro 2024 - Programas de Rehabilitación e Prescrición do Exercicio Terapéutico no Paciente con Patoloxía Cardiovascular
22 ao 24 de marzo de 2024 - Fisioterapia Respiratoria no Paciente Pediátrico
19 ao 21 de abril 2024 - Intervención nas Complicacións Cardiorrespiratorias do Paciente Neurolóxico
10 ao 12 de maio 2024 - Fisioterapia no Paciente Crítico
REQUISITOS DE ACCESO:
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
Os criterios específicos serán os seguintes:
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 10 de xullo ao 15 de setembro de 2023, tendo en conta que o día límite deberán ter aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.
Caso solicitar Bolsa, realizaráse todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
1º Estudantado en situación de desemprego debidamente acreditada
2º Expediente académico (nota media do título de egresado pola que accede aos estudos)
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.200 €, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos:
Pago único:
Abonaranse 2.200€ do 15 ao 30 de setembro de 2023.
Pago aplazado:
Abonaranse 1.500€ do 15 ao 30 de setembro de 2023.
Abonaranse 700€ no mes de febreiro de 2024.
(A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula). Formaliza no seguinte enlace a matrícula.
BOLSA MATRÍCULA:
Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un único pago de 1.100 € en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.
SOLICITUDE DE BOLSA:
Existen 2 bolsas do 50% da matrícula, que se poderán solicitar do 10 de julio ao 15 de setembro de 2023.
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos (ambos):
Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaránse os alumnos en situación de desemprego, e deles, os mellores expedientes académicos.
Máis información sobre o programa e reseña curricular do profesorado (enlace).
DIRECCIÓN ACADÉMICA:
Sonia Souto Camba (e-mail de contacto: sonia.souto@udc.es )
Luz González Doniz (e-mail de contacto: luz.doniz@udc.es )
Ana Lista Paz (e-mail de contacto: ana.lista@udc.es)
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:
Créditos: 30
Data de celebración: Do 17/11/2023 ó 12/05/2024
https://www.ffisacademica.udc.gal/p/especializacion-fisioterapia.html
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
C.E. Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada