C.E. Responsabilidade Civil e Seguro

Información xeral

Edición dun postgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran formarse como especialista na Xestión do Risco e do Seguro. Curso totalmente virtual.

 

Está dirixido a: 

  • Profesionais do dereito: cuxo obxectivo sexa obter ou actualizar os coñecementos necesarios en materia de responsabilidade civil e seguro.
  • Profesionais do sector asegurador: especialmente a aqueles que traballan con pólizas destinadas a cubrir responsabilidades civís.
  • Departamentos de xestión de riscos e/o seguros: persoal integrado nos departamentos de xestión de riscos e/o seguros das empresas.
  • Titulados universitarios: con ou sen experiencia laboral, pero cun mínimo de coñecementos xurídicos e en materia de seguros, que queiran obter un coñecemento especializado sobre a responsabilidade civil e o seu aseguramento.

 

INFORMACIÓN

​Ampliación do prazo de inscrición ata o 11 de setembro de 2023.

  • Admisión: do 21 ao 25 de agosto de 2023.
  • Matrícula*: 
    • Pago único: 4 ao 14 de setembro de 2023.
    • Fracccionamiento do pagamento: poderase pagar en dous prazos:
      • 50% ao formalizar a matrícula do 4 ao 14 de setembro de 2023.
      • 50% do 4 ao 6 de novembro de 2023.

*Os alumnos que acrediten que eles ou as empresas coas que teñan contrato laboral son "Amigos de Fundación Inade" beneficiranse dun desconto de 300 euros sobre os dereitos de matrícula.

  • Modalidade: Curso virtual impartido a través da plataforma ZOOM. Prevese a realización dalgún acto voluntario de carácter presencial na Facultade de Dereito da UDC.
  • Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de título.
  • Créditos: 14 ECTS
  • Nº alumnos: mínimo 15, máximo 40.

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións*: 

  1. Personas que posúan unha titulación universitaria oficial de grado (diplomado, licenciado o graduado).
  2. Personas que estén matriculadas nunha titulación universitaria oficial de grado e proben que superaron 180 créditos da mesma.
  3. Personas habilitadas para acceder aos estudos universitarios (superación de Pruebas de Acceso á Universidade ou de Formación Profesional de segundo grado), siempre que acrediten ter desenvolvido actividades empresariais relacionadas coa materia.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno. Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Terán preferencia os alumnos cunha titulación de Grado en Dereito, Economía ou Empresa ou Enxeñaría. 
  2. Currículum profesional vinculado a actividades empresariais relacionadas coa xestión do risco ou o seguro.
  3. Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como que ter presentada a solicitude con maior antelación.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o postgrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) a través da web www.catedrafundacioninade.org do 11/07/2023 ao 11/09/2023, tendo en conta que a data límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. 

 

En caso de solicitar beca, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a matriculación achegando a  documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRÍCULA:

Os alumnos admitidos deberán formalizar a súa matrícula antes do 4 ao 14 de setembro de 2023 (acceso á matrícula).

O importe dos dereitos de matrícula para este curso de posgraduado do curso 2023-2024 é de 2.300€.

Este importe inclúe:

  • Dereitos de matriculación
  • Acceso á documentación da plataforma en liña
  • Expedición de título universitario

Os alumnos que acrediten que eles ou as empresas coas que teñan contrato laboral son “Amigos de Fundación Inade” beneficiaranse dun desconto de 300€ sobre os dereitos de matrícula.

 

Fraccionamento do pago

Poderase pagar nun ou dous prazos:

  • 1 prazo: 100% ao formalizar a matrícula (04-14 setembro)
  • 2 prazos: 50% ao formalizar a matrícula (04-14 setembro) e 50% entre o 04-06 novembro.


SOLICITUDE DE BECA:

Cada dez alumnos matriculados concederase unha bolsa do 50% do prezo ordinario de matrícula do curso.

A bolsa concederase nun concurso entre todos os solicitantes que se decidirá en función dos puntos obtidos por cada un dos seguintes extremos: o CV presentado, o expediente académico e a carta de motivación.

 

INFORMACIÓN: 
Para calquer consulta non dubides en contactar con:

Begoña Figueroa
Mail: administracion@catedrafundacioninade.org
Teléfono: 986 485 228

 

Máis información

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NO MOMENTO DA PREINSCRICIÓN:

  • Copia de DNI (escaneado polas dúas caras).
  • Fotografía actual de tamaño carné.
  • Currículo vitae actualizado (máximo dúas páxinas).
  • Carta de motivación (máximo 500 palabras).
  • A elixir segundo a formación do solicitante:
    • Copia do Título universitario ou solicitude do mesmo.
    • Copia do Certificado da Empresa e/o vida laboral que acredite unha experiencia previa profesional en actividades relacionadas co mercado de seguros ou as profesións xurídicas de, polo menos, dous anos de duración. 
    • Copia do expediente académico universitario que acredite superar máis de 180 créditos da titulación cursada.
    • Copia da superación das Probas de Acceso á Universidade + Acreditación de experiencia na xestión empresarial, en institucións públicas, no sector asegurador ou en profesións xurídicas.
    • Copia do Título da Formación Profesional de Segundo Grao + Acreditación de experiencia na xestión empresarial, en institucións públicas, no sector asegurador ou en profesións xurídicas.

Créditos

Créditos: 14

Datas

Data de celebración: Do 11/09/2023 ó 14/02/2024

Web oficial

https://catedrafundacioninade.org/curso-de-responsabilidad-civil-y-seguro-promocion-2023-2024

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

C.E. Responsabilidade Civil e Seguro

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 11/09/2023 ó 14/02/2024
Horario: Lunes, martes y miércoles de 16:00 a 19:30 horas.
Lugar: Curso virtual a través de la plataforma ZOOM