Información xeral
Quinta edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que cobre un perfil moi demandado polas empresas, onde poderás aprender a programar, xunto coa ideación, validación e comercialización dun negocio dixital na empresa.
O obxectivo é formar a profesionais de perfís moi diversos para o deseño, desenvolvemento e comercialización internacional de produtos e servizos dixitais. Esta orientado á formación permanente de carácter dual, que sirva para capacitar a un amplo número de perfís e con dificultades laborais.
INFORMACIÓN
- Datas de impartición: de 2 outubro de 2023 ao 31 de xullo de 2024.
- Lugar: Presencial na Aula POP3 da Facultade de Economía e Empresa e en remoto a través do Campus DUAL TIC.
- Horario:
- En universidade:
- De outubro a decembro: Venres: 9 a 14h.- 15 a 17h
- De xaneiro a xullo: Venres: 9 a 15h
- No Campus TIC:
- De outubro a xaneiro: Luns a xoves: 9 a 14h e de 15 a 18h
- Defensa TFM: xullo2024.
- Créditos: 60 ECTS.
- Modalidade: Mixta. O 90% da formación será impartida en remoto. De luns a xoves na empresa e venres na Universidade da Coruña (presencial).
- Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun TFM (Traballo de Fin de Máster).
- Número de alumnos: Mínimo 20, Máximo 30.
- Preinscrición: do 10/07/2023 al 20/09/2023.
- Matrícula: do 21/09/2023 al 02/10/2023.
Pica aquí para acceder á inscripción e matrícula do Máster en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital
REQUISITOS DE ACCESO:
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
- Ser titulado universitario en titulacións relacionadas con:
- Empresa (ADE, empresariales, economicas, comercio e marketing, turismo, organización...)
- Tecnoloxía (informática, telecomunicacións, industriais...)
- Ciencias (matemáticas, física, química...)
- Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
- Non sendo titulado, acreditar que so lle falta ter o titulo de TFG e ata un máximo de 9 créditos ECTS.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección será atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán os seguintes:
Os participantes seleccionásense tendo en conta a seguinte ponderación sobre a nota media da titulación:
- Ponderacións por titulación MDS&ND.
- 1_ADE; Economía; Empresa; Xestión industrial da Moda; Informática; Enxeñerías; Márketing; Comercio Internacional, Turismo.
- 0,8_Dereito; Relacións Internacionais; Ciencias Políticas; Relacións Laborais; Cultura e Economía; Xestión e Administración Pública; Comunicación.
- 0,5_Arquitectura
- 0,3_Psicoloxía, Pedagoxía, Socioloxía, Eduación, Medicina, Farmacia, Fisioterapia, Química
- 0,2_Filoloxía, Letras, Tradución e Interpretación, Logopedia, Historia delArte; Ciencias aplicadas.
- Alumnos de Grao co TFG pendente e, como máximo, 9 créditos ECTS de materias pendentes; con todo, en ningun caso poderá defender o TFM se previamente non obtivo o titulo de Grao.
- Currículo profesional vinculado a Profesionais TIC en activo.
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 11/07/2023 ao 28/08/2023, tendo en conta que que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. Deberán enviar a documentación ao seguinte mail info@campusdual.com. Segundo prazo de inscricion (sen abono de taxas) do 10/07/2023 ao 02/10/2023,
En caso solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 3.300€, que o alumno poderá satisfacer nun só prazo.
Pago único: Abonaranse 3.300 € de 21/09/2023 al 02/10/2023.
A transferencia realizarase á conta que lle proporcione a dirección do máster. Rógase indicar no concepto: << EEP - Nombre y Apellidos –Ref. FOR01012>>
BOLSA MATRÍCULA:
Unha vez matriculados todos os alumnos, valoraranse as solicitudes de bolsa que cumpran cos requisitos establecidos. Os alumnos con bolsas concedidas notificaráselles por escrito e procederase á devolución do 50% da súa matrícula por un importe de 1.650€.
SOLICITUDE DE BOLSA:
Concederanse as bolsas que o Regulamento de Estudos de Posgraduado establece como obrigatorias no seu artigo 49 "A porcentaxe de prazas para persoas bolseiras non será inferior ao 10 % do número de alumnado matriculado e a contía das bolsas será como mínimo o 50 % do prezo da matrícula", que se poderán solicitar do 10/07/2023 ao 20/09/2023. Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran os seguintes requisitos (ambos):
- Estar rexistrado como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.
- Estar en situación social ou económica de necesidade especial.
No momento de solicitar a bolsa o alumno deberá achegar a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do solicitante e dos demais membros computables da unidade familiar.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar (certificado conxunto de convivencia da unidade familiar).
- Declaración da Renda 2021 da Unidade Familiar (Unidade Familiar: o pai e a nai (ou o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor). Estes son os sustentadores principais da familia e a súa renda e patrimonio compútase ao 100%.).
- Tarxeta de demandante de Emprego, se é o caso.
- Certificado de discapacidade do solicitante da bolsa, se é o caso.
Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse entre aquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego e destas aquelas que acheguen unha declaración da renda con menor ingresos.
Documentación a achegar
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:
- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo.
- C.V.
- Documentación da bolsa, no caso de aplicar:
- Fotocopia do DNI do solicitante e dos demais membros computables da unidade familar.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar (certificado conxunto de convivencia da unidade familiar).
- A última declaración da Renda da Unidade Familiar.
- Tarxeta de demandante de emprego, se é o caso.
- Certificado de discapacidade do solicitante da beca, se é o caso.
Créditos
Créditos: 60
Datas
Data de celebración: Do 02/10/2023 ó 31/07/2024
Web oficial
https://www.campusdual.com/master-desarrollo-software/
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Comparte esta información