Máster en formación permanente e Diploma de especialización en BIM

Información xeral

Máster en formación permanente en BIM está destinado a profesionais, graduados e estudantes de últimos cursos que desexen adquirir as competencias necesarias para dominar a metodoloxía BIM (BUILDING INFORMATION MODELING) na contorna real da edificación. Cabe destacar que, se ben os casos prácticos céntranse na edificación, os coñecementos adquiridos permiten extrapolar o uso da metodoloxía ao ámbito da enxeñaría civil.

 

INFORMACIÓN
Existen dúas opcións de inscrición e matrícula: por un lado, o Máster en formación permanente en BIM e por outro lado o curso derivado, que é un Diploma de especialización en BIM.
  • Período de impartición: do 10 de outubro de 2023 ao 20 de decembro de 2024.
    • Docencia:
      • Período lectivo máster: 10 de outubro de 2023 ao 2 de xullo de 2024.
      • Desenvolvemento do TFM: 1 de xullo de 2023 ata o 20 de decembro de 2024.
      • Curso especialización: 10 de outubro de 2023 ao 2 de abril de 2024.
  • Modalidade: Presencial ou a distancia (docencia síncrona mediante plataforma on-line).
  • Lugar: aula BIM da EU de Arquitectura Técnica (Universidade da Coruña)-Aula 3.2.
  • Horario (docencia presencial): martes e mércores de 16:00h a 21:10h.
  • Créditos:
    • Máster en formación permanente en BIM: 60 ECTS
    • Diploma de Especialización derivado: 30 ECTS
  • Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación de traballos exigidos por cada materia. Para poder superar o máster ou o curso de especialización é necesario aprobar todas as materias.
  • Número de alumnos: mínimo 15, máximo 24.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Primeiro prazo (xuño-xullo)
      • Preinscrición: 17 de xullo ao 14 de setembro de 2023. (AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O XOVES 21/09/2023).
      • Publicación de lista provisional: 12 de setembro de 2023.
      • Reclamacións: 12 ao 14 de setembro de 2023.
      • Publicación de lista definitiva: 15 de setembro de 2023
      • Matrícula: do 18 ao 22 de setembro de 2023.
  • Solicitude de bolsa: do 11 ao 15 de decembro de 2023.
  • ​Equipamento informático: o alumno debe dispor dun ordenador portátil. Recoméndase que como mínimo as prestacións deberían ser procesador de 64 bits con catro núcleos e 6 GB de RAM e sistema operativo Windows (Se desexa emplear un Mac deberá ter instalado máquinas virtuais dentro do seu PC).

 

Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula do Máster en formación permanente en BIM

Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula  do Diploma de especialización en BIM

 

REQUISITOS DE ACCESO

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
  • Estar en posesión dun título universitario oficial español de grao ou máster universitario, 
  • Estudantes en posesión de títulos alleos ao EEES se a dirección comproba que se acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos oficiais do EESS, e que o seu título faculta no país expedidor para acceder a estudos de nivel de posgraduado universitario. Requírese autorización do reitor.
  • Estudantes de grao, aos que lles reste por superar o traballo de fin de grao (TFG) e como máximo ata 9 créditos ECTS. Matrícula condicionada, non poderá defender o TFM se previamente non obtivo o título de grao.
 
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxextoria profesional do alumno.
 
A valoración dos requisitos realizaraa a Comisión Académica do título, en función da forma de acceso, segundo os seguintes criterios:
 
  • Terán preferencia os alumnos que desexen cursar o máster (íntegro) fronte ao curso de especialización.
  • Terán preferencia os alumnos que opten pola docencia presencial fronte á modalidade On-line.
  • Para os candidatos que acrediten posuir a titulación universitaria requirida, valoraráse nesta orde:
  1. Expediente Académico*.
  2. Currículum Vitae (experiencia profesional demostrada).
  3. Entrevista persoal (no caso de estimarse oportuno).
  • Para os alumnos solicitantes que teñan pendiente de superar  ECTS (incluido o Traballo Final de Grao) de calquera das titulacións requiridas, valoraráse nesta orde: 
  1. Expediente académico ata o momento da solicitude de admisión ao diploma.
  2. Número de créditos restantes para a obtención do título de grao correspondente.
  3. Entrevista persoal (no caso de estimarse oportuno).

 

*Os alumnos con titulación universitaria expedida en centros estranxeiros deben entregar a equivalencia de notas (procedemiento detallado no Ministerio de Educación e Formación Profesional).

 
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o mestrado ou o curso de especialización deberán preinscribirse (sen abono de taxas) no primeiro prazo (do 17 de  xullo ao 18 de setembro de 2023), tendo en conta que na data límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. 
 
 
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder a abono das taxas de matrícula. 
 
MATRÍCULA MÁSTER EN FORMACIÓN PERMANENTE EN BIM
A matrícula  do mestrado: Ten un custo de 2.600 euros, que o alumno poderá satisfacer nun prazo do 18 ao 22 de setembro de 2023.
A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
 

Custos minorados Matrícula Reducida 2.340€  **

  1. Comunidade Universitaria UDC (PDI, PAS, alumnos e antigos alumnos). 
  2. Para colexiados pertencentes a: 
  • Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos 
  • Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 
  • Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas de Galicia.
 

Custos minorados Matrícula Reducida 1.200€ ***

 
Alumnos que superasen o Posgrao BIM da UDC de anteriores edicións.
 
** Para optar aos custos minorados deben indicar na inscrición que pertencen a algún destes colectivos e aportar a documentación xustificativa segúndo sexa o colectivo. Debe pertencer a devantido colectivo no momento de formalizar a matrícula (se se pertence con posterioridade non terá efecto o desconto).
*** Para optar aos custos minorados deben aportar a documentación xustificativa de ter superado o Posgrao BIM da UDC de anteriores edicións.
 
MATRÍCULA DIPLOMA DE ESPECIALIZACIÓN
A matrícula do curso de especialización: ten un custo de 1.800 euros, que o alumno poderá satisfacer nun  prazo do 18 ao 22 de setembro de 2023.
 
A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula. 
 
Custos minorados Matrícula Reducida  1.620 €  **
 
  1. Comunidade Universitaria UDC (PDI, PAS, alumnos e antigos alumnos). 
  2. Para colexiados pertencentes a: 
  • Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos 
  • Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 
  • Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas de Galicia.

 

** Para optar aos custos minorados deben indicar na inscrición que pertencen a algún deste colectivos e aportar a documentación xustificativa segundo sexa o colectivo. Debe pertencer ao devandito colectivo no momento de formalizar a matrícula (se se pertence con posterioridade non terá efecto o desconto).
 
 
SOLICITUDE DE BOLSA
Existen un mínimo de 2** bolsas do 50 % do importe da matrícula abonado polo alumno, que se poderán solicitar do 11 al 15 de decembro de 2023.
 
O alumno interesado na solicitude de bolsa, ademáis de indicalo na inscrición e achegar a documentación necesaria no momento da inscrición. Debe remitir nestas datas un correo electrónico solicitando a bolsa a  i.varelac@fuac.udc.es
 
** O número de bolsas determinarase en función do número real de matriculados garantindo un 10% do alumnado matriculado.
 
A adxudicación da beca virá dada previa solicitude expresa do alumno e a aportación incluida na baremación de méritos. O expediente académico necesariamente debe incluir a nota media segundo Real Decreto 1125/2003, no caso contrario desestimaráse a solicitude.
 
No poderán solicitar beca aqueles alumnos aos que se lles concedese beca en cursos pasados. 
 
Para a baremación de méritos, establecerase o criterio mediante o expediente académico da titulación que da acceso ao diploma.
 
  1. Expediente académico 
  • No caso de alumnos universitarios que non rematasen aplicaráse un coeficiente corrector do 0.95  á nota media obtida no momento de realizar a matrícula do diploma.
  • No caso de alumnos con titulación universitaria o coeficiente corrector é do 1.0.
  • No caso de alumnos con titulación non universitaria o coeficiente corrector é do 0.85.
  1. No caso de obter o mesmo valor terase en conta o CV aportado polo alumno (experiencia laboral, titulacións cursadas, etc.). 

 

Os alumnos con titulación universitaria expedida en centros estranxeiros deben entregar a equivalencia de notas (procedemento detallado no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN
  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
  • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU. 
  1. Currículum Vitae.
  2. Expediente académico do Grao ou titulación equivalente. No que se inclúa a nota media segundo R.D. 1125/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.
  3. Alumnos con titulación universitaria expedida en centros estranxeiros: deben entregar a equivalencia de notas (Procedemento detallado no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) e o expediente académico expedido pola universidade de orixe.
  4. Documentación xustificativa para aplicar os custos minorados para a reducción da matrícula.

Datas

Data de celebración: Do 10/10/2023 ó 24/12/2024

Web oficial

https://posgrado.bim.udc.es/

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Máster en formación permanente e Diploma de especialización en BIM

  Datos
Data: Do 10/10/2023 ó 24/12/2024
Horario: martes y miércoles de 16:00h a 21:10h
Lugar: E.U. de Arquitectura Técnica (UDC)-A Coruña