Master de Formación Permanente en Xerontología e Xeriatría

Información xeral

Máster de Formación Permanente en Xerontología e Xeriatría

 

O principal obxectivo do Máster é a formación e acreditación de profesionais no campo da xerontoloxía e a xeriatría, no que se pretende dotar de competencias aos egresados para que poidan incorporarse aos equipos de valoración e intervención xerontolóxicos, tanto do ámbito sanitario como sociosanitario e, mesmo, actuar como asesores/consultores deste sector en franco crecemento.

 

Os principais obxectivos que pretendemos alcanzar coa titulación que presentamos son:

  • Formar e acreditar profesionais no campo da xerontoloxía e/o xeriatría.
  • Formar profesionais na intervención clínica-práctica dirixida ás persoas maiores.
  • Facilitar o acceso a profesionais con actividade laboral ou residentes noutras cidades ou Comunidades Autónomas a programas de formación especializados a través da metodoloxía en liña.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: Do 29 de setembro de 2023 ao 30 de xuño de 2024.
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Modalidade: On line/Virtual (Clases non presenciais a través da Plataforma de Teleformación do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)).
  • Horario: Aberto, pola modalidade de impartición (virtual)
  • Avaliación: Para superar o Máster, o alumnado terá que superar as seis materias das que consta o curso, cinco de ámbito temático e unha referida ao Traballo Fin de Máster. Para superar as materias de ámbito temático o alumnado deberá superar as probas das que consta (test autoavaliación, recensión e exame cuadrimestral). Para superar o TFM o alumnado deberá entregalo nos prazos establecidos e ser avaliado positivamente polos profesores responsables. Existirá unha segunda oportunidade.
  • Número de alumnos: Mínimo 5, Máximo 40.
  • Preinscrición: do 10 de xullo ao 30 de setembro de 2023.->(ampliado o prazo de ata o 12 de outubro de 2023).
  • Matrícula: do 4 de setembro ao 15 de setembro de 2023 (do 4 ao 9 de setembro en caso de fraccionar o pagamento).->(ampliado o prazo de marícula ata o 13 de outubro de 2023).

 

Pica aquí para acceder á inscrición e matrícula.

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Para acceder ao título do Máster é requisito imprescindible estar en posesión de titulación universitaria.

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

Unha vez realizada a preinscrición, de acordo co calendario establecido, a Comisión Académica do Máster, de acordo ao baremo de selección, publicará a lista de admitidos segundo os méritos achegados, os cales deberán proceder a matricularse de acordo aos prazos marcados.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o postgrao deberán preinscribirse do 10/07/2023 ao 03/09/2023, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

 

Unha vez realizada a preinscrición nos prazos establecidos, a Comisión Académica do Máster, de acordo ao baremo de selección, publicará a lista de admitidos/Suplentes/excluídos, que deberán de proceder a matricularse de acordo aos prazos marcados:

  • Baremo de selección/Admisión
  • Nota media do expediente académico
  • Titulación aportada: Ciencias da Saúde (Medicina, Enfermería, Terapia Ocupacional, Fisioterapia e Psicoloxía Clínica) + 1 punto; ou Ciencias da Saúde (Logopedia, Nutrición, Estomatoloxía, Odontoloxía, Farmacia) + 0,5 puntos; Ciencias Sociais (Traballo Social e Psicoloxía) + 0,5 puntos; Outras titulacións + 0 puntos

 

A puntuación final será a suma da media do expediente académico máis a puntuación outorgada pola titulación aportada.

 

No caso de solicitar Bolsa realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscripción, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRÍCULA:

Tras o  proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula de 1.600 euros, que poderá abonarse de acordo ás normas establecidas pola Universidade da Coruña.

 

Os alumnos poderán abonar a matrícula:

  • Nun único prazo de 1.600€ do 4/9/2023 ao 15/09/2023.
  • Ou en tres prazos:
    • 1er. Pago 4/09/2023 ao 09/09/2023: 600€
    • 2do. Plazo: 02/10/2023 ao 07/10/2023: 500€
    • 3er. Plazo: 06/11/2023 ao 11/11/2023: 500€

 

A cuantía das becas será do 50% do importe da matrícula.
 

SOLICITUDE DE BOLSA: 

Os criterios de concesión incluirán a valoración do expediente, méritos académicos e a renda por unidade familiar.

 

De acordo á normativa da Universidade da Coruña, o número de bolsas ofertadas será do 10% sobre o número de alumnos matriculados. Os criterios de concesión incluirán os ingresos por unidade familiar e número de conviventes que ponderarán o 60% da puntuación final, obtendo a puntuación de 10 o solicitante que ingrese menos por persoa/unidade familiar e unha puntuación proporcional para o resto, e a cualificación resultante da suma da media do expediente académico e a titulación de acceso, que ponderará un 40%. A contía das bolsas será do 50% do importe total da matrícula.

 

Ingresos persoa/unidade familiar (60%)+Nota Media Expediente Académico+Puntuación afinidade titulación (40%).

Documentación a achegar

Tanto a preinscrición como a matrícula do Máster de Formación Permanente en Xerontoloxía e Xeriatría da Universidade da Coruña realizarase de maneira en liña a través da páxina web da Universidade da Coruña (UDC) e incluirá, polo menos, a seguinte documentación:

  • Copia do DNI en vigor ou pasaporte en vigor no caso de alumnos estranxeiros
  • 1 fotografía recente
  • Copia do título universitario ou certificado de pago dos dereitos de expedición do título universitario (onde conste que con carácter provisional fornece os mesmos efectos que o título orixinal), ou certificado académico oficial onde figure a data de pago dos dereitos para a expedición do título.
  • Certificado académico oficial onde figure a cualificación media obtida polos estudos que dan acceso ao máster.

 

Para solicitantes con titulación universitaria non homologada en España, o artigo 9 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC establece que as persoas que posúan un título universitario non homologado en España poderán acceder aos máster e cursos de posgrao da UDC sen necesidade de homologación previa daquel. Para iso bastará unha autorización do reitor, previo informe do director do estudo de posgrao.

 

Neste caso, ademais da documentación anterior, deberase presentar:

  • Certificado de estudos universitarios onde consten as materias, créditos e notas
  • Solicitude de autorización do reitor segundo o modelo oficial (solicitar a admongig@udc.es).

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 29/09/2023 ó 30/06/2024

Web oficial

https://gigg.udc.es/master-en-valoracion-e-intervencion-en-gerontologia-y-geriatria/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Master de Formación Permanente en Xerontología e Xeriatría

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 29/09/2023 ó 30/06/2024
Horario: Abierto, por la modalidad de impartición (virtual)
Lugar: On line/Virtual