Máster en Loxística e Transporte

Información xeral

A undécima edición do Máster en Loxística e Transporte está destinada a profesionais, titulados e estudantes que queiran coñecer o ámbito profesinoal e o transporte de mercancías.

 

O obxectivo do máster é proporcionar unha formación práctica e aplicaca en loxística e en transporte de mercadorías que constitúa unha base integrada, coas necesidades reais das empresas con actividades relacionadas cos servizos do transporte e a loxística, nas súas diferentes vertentes, como poden ser as seguintes:

 

  • Entes públicos do sector: autoridades portuarias, departamentos administrativos competentes na materia, aeroportos, centros loxísticos etc. 
  • Entes privados: empresas de transporte marítimo e membros da comunidade portuaria (navieiras, consignatarias, terminalistas...), empresas de transporte ferroviario, empresas de transporte de mercadorías por estrada (camión completo e carga fraccionada), operadores loxísticos, transitarios, empresas de servizos e consultoría en loxística e transporte, así como os departamentos de transporte e loxística de fabricantes/cargadores e empresas do sector da distribución comercial.

 

Co máster preténdese permitir ás persoas egresadas unha promoción na súa carreira profesional nas distintas áreas de loxística e de transportes da empresa ou entidade, así como a súa incorporación a este ámbito laboral se nón posuían experiencia previa no mesmo. 

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: de setembro de 2023 a setembro de 2024.*
  • LugarCentro Universitario de Riazor (Rúa Almirante Lángara, s/n, 15011 A Coruña).
  • Horario: Venres de 16:30 a 21:00 h. e sábados de 9:30 a 14:00 h. As visitas docentes realizaranse noutros horarios en función das dispoñibilidades das empresas e instalacións a visitar.
  • Número de prazas: Mínimo 15 - Máximo 25.
  • Créditos: 60 ECTS.
  • ModalidadPresencial.
  • Preinscrición e matrícula:​
    • Período de preinscrición: do 17 de xullo  ao 14 de setembro de 2023No caso de que existan prazas dispoñibles abrirase un novo prazo de inscrición e adxudicaranse ata que se completen todas as prazas, antes do comezo do curso.
    • Período de matrícula: do 11 de setembro ao 18 de setembro de 2023.

*A data límite de entrega do Traballo de Fin de Máster será o 30/09/2024. A defensa realizarase no mes de outubro.

 

Pica aquí para acceder a la inscrición e matrícula.

 

REQUISITOS DE ACCESO

Os requisitos de acceso serán os indicados para os Máster de Formación Permanente no regulamento vixente da Universidade da Coruña, que se resumen a continuación. Poderán acceder quen cumpra, polo menos, un dos seguintes requisitos:

 

  • Estar en posesión dun título universitario oficial español de grao ou máster universitario, títulos da regulación previa que teñan legalmente recoñecida co nivel MECES 2 ou superior, ou títulos do mesmo nivel que o título español de grao ou máster expedidos por universidades e institucións de educación superior dun país do EEES que no devandito país permita acceder aos estudos de máster.
  • Estudantes en posesión de títulos alleos ao EEES se a dirección comproba que se acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos oficiais do EESS, e que o seu título faculta no país expedidor para acceder a estudos de nivel de posgraduado universitario. Requírese autorización do reitor.
  • Estudantes de grao, aos que lles reste por superar o traballo de fin de grao (TFG) e como máximo ata 9 créditos ECTS. Matrícula condicionada, non poderá defender o TFM se previamente non obtivo o título de grao.

 

Ademais, as titulacións achegadas ou a traxectoria profesional deben gardar algunha relación cos ámbitos abordados no máster. A modo indicativo pero non limitante admítense persoas tituladas en enxeñerías, arquitectura técnica, ciencias económicas ou empresariais, náutica e transporte marítimo, dereito e especialidades xurídicas; outras titulacións serán analizadas pola dirección do máster que emitirá un informe razoado sobre a idoneidade da formación e experiencia profesional achegada.​

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de prazas previsto, a selección farase atendendo a vinculación dos estudos coa temática do curso e a traxectoria profesional da persoa solicitante.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  • Expediente académico e relación da titulación co ámbito dos estudos.
  • Currículum profesional relacionado co ámbito dos estudos.
  • Xustificación da motivación para a  realización ds estudos.
  • Entrevista persoal (opcional).

 

PREINSCRICIÓN

As persoas interesados en cursar o postgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 17 de xullo ao 5 de setembro de 2023, tendo en conta que o día límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. No caso de non cubrir prazas, as dispoñibles ofertaránse ata o inicio do curso.  

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición, as persoas admitidas (comunicaráselle por mail) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 4.900 €, que se poderá satisfacer en un ou en dous prazos:

 

  • Pago único: Abonaránse 4.900€ do 11 ao 18 de setembro de 2023.
  • Pago aprazado:
    • Abonaránse nun primeiro prazo 2.450€ do11 ao 18 de setembro de 2023.
    • Aboaránse nun segundo prazo 2.450€ do 5 ao 9 de febreiro de 2024.

 

A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o período de matrícula. 


Xunto coa preinscrición, as persoas interesadas en obter unha bolsa de axuda deberá aportar a documentación acreditativa requirida.

Unha vez aceptada a súa solicitud de bolsa, deberase efectuar un só pagamento de 2.450 € en concepto de matrícula, quedando exonerada do segundo.

 

SOLICITUDE DE BOLSA

Concederánse bolsas do 50% da matrícula a un 10% dos estudantes matriculados no máster, que se poderán solicitar do 17 de xullo ao 5 de setembro xunto coa preinscrición.

 

Os criterios para a adxudicación das bolsas serán:

  1. Situación socioeconómica (ingresos, familia numerosa, discapacidade, desemprego núcleo familiar, etc.). Pode consultarse un documento para o cálculo en https://www.fundacion.udc.es/coldata2015/assets/uploads/1690366559_Procedimientocalculorenta2324.pdf​.
  2. En caso de igualdade no criterio 1 as solicitudes ordenaranse considerando expediente académico (50%) e currículo (50%)​.

 

AVALIACIÓN

Para superar o máster será necesaria:

  • A asistencia ás clases presenciais e a superación dos elementos da avaliación das materias 1, 2 e 3 (cuestionarios, casos e traballos).
  • A realización das prácticas (asignatura 4) ou a súa convalidación por actividade profesional previa ou simultánea no sector.
  • A realización do Traballo de Fin de Máster (asignatura 5) que deberá superar a súa defensa pública.

 

PROGRAMA

Consulta aquí o programa.

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
  • Será un dos seguintes:
    • Copia del título universitario de acceso.
    • Certificado sustitutorio do título.
    • Certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique as asignaturas e créditos restantes que cumplan as condicións para a matrícula condicionada (o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS adicionais).
  1. Expediente académico*.
  2. Currículum Vitae*.
  3. Carta dirixida á dirección explicando os  motivos que lle animan a querer cursar o postgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionada*.

*Os documentos sinalados como * deben incluirse no apartado de documentación opcional para a preinscrición. A carta dirixida á dirección debe incluirse como "Outros".

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA SOLICITUD DE BOLSA

  1. Expediente académico e curriculum vitae (se non se aportou na documentación da preinscrición).
  2. Renda neta per cápita familiar calculada de acordo co procedimento das Becas de Carácter Xeral do Ministerio de Educación.*

*No caso de resultar seleccionado para a adxudicación dunha beca solicitaráse documentación complementaria que acredite o cálculo realizado.

            DOCUMENTO DE CONSULTA PARA O CÁLCULO_ Descarga documento

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 22/09/2023 ó 30/09/2024

Web oficial

http://www.masterlogisticaytransporte.com/es/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Máster en Loxística e Transporte

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 22/09/2023 ó 30/09/2024
Horario: Viernes de 16:30h a 21:00h - Sábados de 09:30h a 14:00h
Lugar: Centro Universtario de Riazor (A Coruña)