Inscrición
Prazo de inscrición pechado.
Información xeral
A CÁTEDRA "LUIS FERNÁNDEZ SOMOZA" PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA E EMPRESA NA UDC
CONVOCA
BOLSAS PARA MOBILIDADE DE PROFESORADO DA FACULTADE DE ECONOMIA E EMPRESA
OBXECTIVO
Co obxecto de potenciar as relacións docentes-internacionais no ámbito da internacionalización a Cátedra L.F.S. ofrece, mediante a siguiente convocatoria, axudas económicas para financiar estancias breves na Widener University-Delaware ou outras universidades estranxeiras (máximo 4 días de docencia), de profesores da F.E.E. que impartan materias no programa en inglés da F.E.E. Este programa finánciase con cargo ao convenio que ten suscrito a UDC coa empresa Cartesón.
BASES E CRITERIOS
- Requisitos
- O profesor terá que participar no programa de docencia en inglés da F.E.E., impartindo docencia en inglés nalgunha das seguintes titulacións: Grao en Administración e Dirección de Empresas ou Grao en Economía ou contar con invitación para a impartición de docencia nos programas oficiais na universidade estranxeira de destino (correción de erros do 21 de novembro de 2023).
- O profesor deberá ter vinculación ca UDC durante todo o curso académico 2023/2024 (Catedrático, Profesor Titular, Profesor Contratado Doutor ou Permanente Laboral, Profesor Axudante Doutor, ou Profesor Sustituto).
- Os anteriores requisitos deberán cumpirse no momento de presentar a solicitude e manterse ata e durante o disfrute da axuda.
- Ter un programa de docencia aceptado pola universidade de destino (asinado e cuñado polo responsable de RR.II ou asimilado en destino).
- Esta axuda e incompatible con outras para o mismo fin e durante o mesmo periodo de tempo.
- Características e condicións de disfrute
- Impartir docencia nos programas oficiais de destino da Widener University-Delaware ou outras universidades estranxeiras
- A docencia impartida deberá ser dun mínimo de 8 horas.
- Concederanse 4 bolsas de mobilidade.
- A estancia realizarase en periodo lectivo e poderá disfrutarse ao longo do curso 2023/2024.
- No prazo dun mes tras finalizar a estancia, o profesor deberá remitir por correo electrónico á Comisión Mixta da Cátedra L.F.S. (catedralfs@gmail.com) a seguinte documentación:
- Unha memoria acreditativa da labor realizada.
- Certificado de fin de estancia asinado e acuñado pola universidade de destino.
- Tarxetas de embarque orixinais, así como de calquera outro medio de transporte empleado (tren, autobús…)
- Duración da estadia e dotación económica
- A estadía do profesor: financiaránse ate un máximo de 4 días de docencia. O profesor recibirá una retribución fixa de 1.500 € para o desprazamento, estancia e docencia, repartida nun 80% á concesión e nun 20% ao entregar a documentación requirida á finalización da estadía.
- Xustificación de gastos (desprazamentos e estancia)
Máis información e modelos de anexos (ver as bases da convocatoria) (pica aqui)
- Anexo I. Academic Program ANEXO I
- Anexo II. Memoria fin de estancia ANEXO II
- Anexo III. Certificado fin de estancia ANEXO III
Documentación a achegar
Información e documentación obligatoria a achegar no momento da solicitude
- Indicar en "comentarios" se o profesor que solicita a bolsa está adscrito á docencia en inglés da F.E.E.
- Programa visado pola Universidade estranxeira (modelo na publicación_ANEXO I)
- Certificado bancario
Datas
Data de celebración: Do 06/10/2023 ó 31/08/2024
Data de inscrición: Do 06/10/2023 ó 31/07/2024
Web oficial
https://www.fundacion.udc.es/site.asp?id=61
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
Comparte esta información