II Premios de Investigación Científica Epifanio Campo

Información xeral

A finalidade desta convocatoria é fomentar e premiar a investigación relacionada coa xestión e valorización dos residuos xerados pola actividade industrial como parte dunha economía circular que axude á protección do medioambiente.

 

Estes premios están dirixidos a investigadores incluídos no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña, na data en que acaba o prazo de recepción de solicitudes da presente convocatoria. Tamén poderán participar os estudantes matriculados no curso 2022-2023 en programas de doutoramento ou en traballos fin de grao ou máster da Universidade da Coruña que realizasen tarefas de investigación asociadas a ese proxecto, sempre que vaian acompañados de polo menos outro solicitante incluído no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña. 

 

Os investigadores poderán participar de forma individual ou en grupo. En caso de participación grupal, todos os membros do grupo deben cumprir os requisitos, aínda que poden pertencer a distintos grupos de investigación dos recolleitos no Catálogo de Investigación da Universidade da Coruña. Cada investigador poderá participar como máximo en dous dos proxectos presentados na presente convocatoria.

 

Outorgarase un primeiro premio dotado de 6.000 euros e un segundo premio dotado de 4.000 euros.

 

O prazo de recepción de solicitudes termina o 17 de setembro de 2023. O solicitante (no caso de participación individual) ou unha persoa de contacto (no caso de participación grupal) deberá realizar a inscrición e o envío do proxecto cubrindo o formulario dispoñible na seguinte ligazón. No caso de que ese mesmo solicitante ou persoa de contacto desexe presentar un segundo proxecto, deberá cubrir o formulario ao que se accede a través desta outra ligazón. Se a solicitude inclúe a algún estudante de doutoramento ou de traballo fin de grao ou máster, deberase achegar tamén no formulario o resgardo de matrícula correspondente.

 

Para calquera dúbida ou consulta sobre as bases desta convocatoria, contactar na dirección de correo electrónico: catedra.epifaniocampo@udc.es
Para calquera dúbida ou consulta sobre o procedemento de inscrición, contactar na dirección de correo electrónico: belen.pazos@udc.es

 

Estas bases estarán dispoñibles en https://www.rodonitamedioambiente.com/actividades-13

Documentación a achegar

Documentación a achegar:

  • Proxecto de investigación.
  • No caso de participación de estudantes: Documento acreditativo de estar matriculado en programas de doutoramento ou en traballos fin de grao ou máster da Universidade da Coruña no curso 2022-2023 (resgardo de matrícula).

Datas

Data de celebración: Do 09/06/2023 ó 17/09/2023

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

II Premios de Investigación Científica Epifanio Campo

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 09/06/2023 ó 17/09/2023
Horario:
Lugar: Ferrol