Campus de Verán Gallaecia: Más que compartir… convivir

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

O programa Espazo Compartido promovido pola Universidade da Coruña, en colaboración coa Universidade de Vigo, a Fundación Abrente e Down Ourense organizan no verán de 2023 o Campus de Verán Gallaecia: Más que compartir… convivir.

 

É un campamento gratuito de convivencia e participación para a formación e ocio dirixido a persoas mozas, entre 18 e 30 anos con discapacidade intelectual. 

 

INFORMACIÓN

  • Datas de celebración: Do 1 de xullo ao 9 de xullo de 2023
  • Preinscripción: Do 2 de maio ao 14 xuño de 2023
  • Matrícula: Do 15 de xuño ao 25 de xuño de 2023
  • Importe: Gratuito para persoas que cumpran requisitos de acceso. A actividade conta co apoio do Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil. Campus de Verano Unidiversidad. 
  • Horarios: Horario continuo con pernoita, con diferentes actividades de formación, empregabilidade e de lecer. Aloxamento e manutención incluídas 
  • Lugar de celebración: As actividades de formación e orientación vocacional desenvolveranse no Edificio Normal, Campus de Riazor (Paseo de Ronda 47 1º; 15011 A Coruña),  as de lecer, en diferentes lugares de esparexemento da área metropolitana da Coruña e o aloxamento en Residencia Elvira Bao, situada no Campus de Riazor (Praza do Museo de Ciencias, 3, Rúa Míster Archer Milton Huntington, 24, 15011 A Coruña).
  • Nº alumnos: Mínimo 20, máximo 34.

 

REQUISITOS DE ACCESO: 
O Campus de Verán Gallaecia está dirixido ás persoas mozas, con idades entre 18 e 30 anos que presenten, de forma certificada, un diagnóstico de discapacidade intelectual, do desenvolvemento ou de trastorno de espectro do autismo.

 

Ademais, as persoas candidatas deberán estar inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil de forma previa ao desenvolvemento do Campus de verán.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a indicacións do director. 

 
Os criterios específicos serán os seguintes:
O Campus de Verán Gallaecia ofrece 34 prazas que serán cubertas por orde estrita de inscrición para todas aquelas persoas que demostren cumprir os requisitos requiridos.

 

Con todo, e tanto en caso de superar ou de non alcanzar o límite de prazas dispoñibles, realizarase unha breve entrevista cos candidatos para valorar que cumpren unhas condicións mínimas de autonomía persoal, habilidades sociais e conductuais, asegurando o bo desenvolvemento das actividades contempladas no campus.

 

Ademais, as persoas seleccionadas deberán cubrir e asinar unha declaración de compromiso de cumprir os devanditos criterios.

 
Se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, estableceranse os seguintes aspectos que guiarán a selección das persoas candidatas:
  • Ser actual estudante ou egresado/a de algún dos programas de formación Unidiversidad.
  • Pertencer a algunha das entidades socias do Campus Gallaecia (comunidade universitaria UDC e UVigo ou persoas usuarias de Fundación Abrente ou Down Ourense).
  • Demostrar unha boa motivación e boas habilidades de comunicación durante a entrevista previa.
  • Respectarase a equidade entre o número de homes e mulleres, polo que se primará a entrada simultánea segundo o sexo das persoas candidatas.

 

DATOS A CUMPRIMENTAR NO FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN:
  • Nome e apelidos da persoa solicitante
  • DNI da persoa solicitante
  • Teléfono de contacto da persoa solicitante
  • Correo electrónico da persoa solicitante
  • Dirección
  • Localidade
  • Código Postal
  • Data de nacemento
  • Grao de Discapacidade (indicar porcentaxe recoñecida)
  • Inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil (si/non)
  • Data de inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil,se é o caso.
  • Pertenza a algunha das entidades sociais do Campus Gallaecia, seleccionar unha da lista (comunidade universitaria UDC e UVigo ou persoas usuarias de Fundación Abrente ou Down Ourense), se é o caso.
  • Nivel de estudos (última formación realizada)
  • Datos do representante legal, nai, pai ou tutor/a:
    • Nome y apelidos.
    • Teléfono de contacto.
    • Correo electrónico.

 

MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, contactarase persoalmente con cada unha das persoas preinscritas para darlles as instruccións da formalización de matrícula.

 

A participación na actividade é gratuíta e as persoas non terán que abonar ningún tipo de importe en concepto de matriculación. Con todo, solicitarase a presentación dun compromiso de aproveitamento da actividade por parte da persoa matriculada.

 

Consulta aquí o programa

 

Contacto

Se estás interesada/o escríbenos e resolveremos todas as túas dúbidas

programa.ecompartido@udc.es

 

 

Cofinanciado por

 

 

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NO MOMENTO DE PREINSCRICIÓN:

  • Copia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) da persoa interesada.
  • Copia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do representante legal, se é o caso.
  • Copia do Expediente Académico (Certificado de Estudos).
  • Certificado de discapacidade completo e actualizado.
  • Copia da tarxeta de demanda de emprego da persoa solicitante (xustificación de inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil), se é o caso.
  • Declaración xurada de que a persoa interesada presenta unha conduta social axustada e non presenta problemas significativos de saúde mental.

Datas

Data de celebración: Do 01/07/2023 ó 09/07/2023
Data de inscrición: Do 02/05/2023 ó 14/06/2023

Web oficial

https://www.udc.es/es/cufie/ADI/discapacidade-neaes/espazocompartido/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Campus de Verán Gallaecia: Más que compartir… convivir

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 01/07/2023 ó 09/07/2023
Horario: Horario continuo con pernocta, con diferentes actividades de formación, empleabilidad y de ocio. Alojamiento y manutención incluidas
Lugar: A Coruña