Inscrición
Prazo de inscrición pechado.
Información xeral
A Cátedra Greenalia-UDC convoca o PREMIO “GALICIA RENOVABLE” para Traballos de Fin de Grao e de Mestrado sobre Transición Enerxética
Estes premios pretenden poñer en valor proxectos, propostas, análises ou deseños que desenvolvan directa ou indirectamente algunha das seguintes liñas temáticas de interese da Cátedra:
- Galicia como rexión enerxética. Análise do papel de Galicia coma consumidora, transformadora e xeradora de enerxía.
- Impacto do cambio climático no desenvolvemento económico e social de Galicia.
- Solucións de eficiencia enerxética: na industria, na Administración, nas empresas e/ou nos fogares.
- A xestión dos riscos asociados á actividade enerxética.
- Definición e tratamento dos riscos empresariais relacionados co consumo enerxético.
- Paisaxe e enerxía. Solucións paisaxísticas para a integración dos accesos, das subestacións, evacuacións e das construcións auxiliares das infraestuturas de xeración de enerxía.
Poderá participar o alumnado dunha titulación de grao ou mestrado en calquera das universidades galegas do SUG (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) que presenten o seu traballo de fin de grao (en diante TFG) ou traballo de fin de mestrado (en diante TFM) durante o curso académico 2022/2023, ou que o presentaran nos dous cursos académicos inmediatamente anteriores (2020/2021 ou 2021/2022).
DOTACIÓN ECONÓMICA
Establécense dúas categorías:
- Categoría TFM:
- Premio ao mellor TFM: 1.200 euros.
- Categoría TFG:
- 1º Premio: 1.000 euros + Matrícula dun curso académico nun Mestrado que oferte a UDC no curso 2023/2024.
- 2º Premio: 750 euros + Matrícula dun curso académico nun Mestrado que oferte a UDC no curso 2023/2024.
PRAZO DE ENTREGA E AVALIACIÓN DAS CANDIDATURAS
O prazo de recepción de solicitudes remata o 31 de xullo de 2023.
O xurado avaliará as solicitudes no mes de setembro de 2023.
Documentación a achegar
Documentación a achegar:
- Documento xustificativo de ser estudante nalgún grao ou máster dalgunha das tres universidades do SUG (UDC, USC ou UVIGO) nalgún dos cursos 2020-2021; 2021-2022 e 2022-2023. Será un dos seguintes: título de acceso escaneado por ambas caras, lexible e asinado e que se vexa completo, certificado sustitutorio do título ou documento de solicitude do título selado, certificación académica ou certificación do expediente académica persoal con data de depósito do título.
- Memoria publicable do traballo (TFG ou TFM): memoria resumo, ata un máximo de 25 páxinas DINA4 e/ou 8.000 palabras. Esta “Memoria” publicable non precisa incorporar todos os aspectos formais establecidos pola universidade (resumo en tres idiomas ou relación coa consecución de obxectivos académicos). Valorarase a escritura da memoria en galego, ou acompañar unha versión en galego.*1
- Traballo completo (Versión íntegra do traballo que se someteu a lectura e cualificación na correspondente convocatoria de TFG ou TFM).*2
*1 Para a elaboración da “Memoria” recoméndase centrarse nun aspecto fundamental do TFG/TFM máis orixinal ou diferencial.
Esta “Memoria” publicable deberá incluír necesariamente:
- Na portada: os datos de identificación (autoría, título do traballo, titulación),
- Un primeiro apartado con “Presentación”: onde se xustifique o encaixe do mesmo con algunha das temáticas do Premio. Máximo 2 páxinas.
- A continuación: un resumo (<250 palabras), 5 palabras chave e unhas conclusións (<350 palabras).
- A bibliografía non debe superar as 30 referencias (todas elas deben ser citadas no texto).
Recoméndase a seguinte estrutura: Portada-Título; Presentación; Resumo; Índice; Introdución; Materiais e métodos; Resultados e discusión; Conclusiiones e Referencias.
*2De non poder dispoñer do TFG ou o TFM en formato pdf, como podería ser o caso de audiovisuais, maquetas, etc. advertirase no formulario e entregarase no formato orixinal do traballo, directamente ou por envío postal á Cátedra Greenalia-UDC na Facultade de Economía e Empresa no Campus de Elviña s/n, CP: 15071, A Coruña.
Datas
Data de celebración: Do 31/07/2023 ó 31/07/2023
Data de inscrición: Do 14/04/2023 ó 31/07/2023
Web oficial
https://www.fundacion.udc.es/CatedraGreenaliaTransicionEnergetica/
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es
Comparte esta información