Curso de Xestor de Residuos: a actividade profesional verde

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O sector industrial é un dos principais motores económicos dun país, pero tamén o que máis cantidade de residuos xera. Por este motivo, e debido á crecente preocupación pola preservación do medio ambiente, o tratamento e a xestión de residuos industriais converteuse nunha tarefa prioritaria para moitas empresas. Unha industria de xestión de residuos competitiva é a única vía para ter un tecido industrial produtivo competitivo. Hoxe en día o chamado “emprego verde” é un dos empregos con mellores perspectivas de futuro. As súas áreas de actuación son amplas e variadas, dentro das cales se inclúe a figura do xestor de residuos. Esta figura profesional é fundamental non só para os xestores de residuos autorizados senón para todas as empresas produtoras ou de ámbito industrial, xa que son responsables por lei de que leve a cabo de forma adecuada a recollida e transporte, almacenamento, tratamento, valorización e/ou eliminación dos materiais refugados que producen na súa actividade industrial. 

 

Está organizado pola Cátedra Epifanio Campo, promovida polo Grupo Rodonita. O seu ámbito de actuación é o medio ambiente, a xestión de residuos e a sustentabilidade. Os obxectivos da cátedra céntranse en impulsar todo tipo de actividades de formación, divulgación, investigación e transferencia de coñecemento relacionadas coa xestión ambiental.

 

Ao finalizar obterase o Diploma do curso de Xestor de Residuos: a actividade profesional verde

 

OBXECTIVO:

O obxectivo fundamental deste curso é introducir ao estudante nos coñecementos e competencias básicas necesarias no ámbito da xestión de residuos industriais, orientado cara a quen se estea expondo desenvolver no futuro esta actividade profesional. Os contidos deste curso elaboráronse desde un enfoque principalmente práctico, tendo en conta tanto a perspectiva profesional do xestor de residuos autorizado como a de calquera industria xeradora de residuos. 

 

DIRIXIDO A:

Estudantes universitarios, titulados universitarios e profesionais da industria que queiran adquirir unha competencia profesional básica no ámbito da Xestión de Residuos Industriais.

 

INFORMACIÓN:

  • Datas de impartición: do 17 ao 21 de xullo de 2023.
  • Preinscrición: do 8 de maio ao 23 de xuño de 2023.
  • Comunicación de admitidos: do 26 ao 30 de xuño de 2023.

Novo prazo de inscrición para cubrir as prazas vacantes ata o xoves 6 de xullo de 2023*4

  • Matrícula: do 28 de xuño ao 7 de xullo de 2023 (prazo de matrícula ampliado ata o 11 de xullo de 2023).
  • Importe matrícula (pago único):
    • Xeral: 100 euros.
    • Reducida: 75 euros.*1

*1A matrícula reducida está dirixida a estudantes matriculados/as no curso 2022/2023 en títulos oficiais da UDC. Deberán acreditar a súa condición achegando o resgardo de matrícula do curso actual.

  • Horario:
    • De 9:00 a 14:00h
  • Lugar de celebración:  
    • De luns a xoves: Aula 03 da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Mendizábal s/n, Campus de Esteiro, 15403 Ferrol.
    • Venres: Centro de Tratamiento de Residuos Industriales de Galicia (CTRIG), xestionado por SOGARISA, Parque Empresarial As Somozas, S/N, 15565 As Somozas, A Coruña.*2
  • Modalidade: presencial.
  • Nº de horas: 25 horas
  • Número de prazas: mínimo 10, máximo 30. *3
  • Avaliación: Asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais recollidas no programa. 

*2A matrícula inclúe o desprazamento de ida e volva en autobús desde o Campus de Esteiro ata as instalacións de SOGARISA (CTRIG).

*3No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos previsto, a orde de prioridade será o seguinte:

  1. Estudantado matriculado no curso 2022/2023 en ensinos oficiais da UDC: máster, programa de doutoramento ou na totalidade de materias ou créditos que lle resten para finalizar os estudos de grao.
  2. Titulados universitarios e outros estudantes de titulacións universitarias oficiais.
  3. Profesionais en activo.
  4. Outros solicitantes.

*4 As becas do curso xa foron concedidas, polo que as prazas dispoñibles son se opción a beca. 

SOLICITUDE DE BECA: 

Concederanse cinco bolsas dotadas pola Cátedra Epifanio Campo polo importe do 100% da matrícula para estudantes matriculados/as no curso 2022/2023 en títulos oficiais da UDC. 

 

As bolsas concederanse nun proceso de selección entre todos os solicitantes en función da nota media do seu expediente académico. Para iso, os solicitantes que opten á bolsa deberán presentar un documento que acredite a súa nota media de acordo co R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningunha solicitude de bolsa que non conteña expresamente este dato.

 

 

Beneficiarios de las becas

La organización de la Cátedra Epifanio Campo, tras evaluar las solicitudes presentadas para optar a las becas del 100% del coste de la matrícula, resuelve concederlas a:

 

NOMBRE Y APELLIDOS

NIF

SERVICIOS BECADOS

A.A.O.V.

*****600*

Matrícula del Curso de Gestor de Residuos

A.R.M.

*****692*

Matrícula del Curso de Gestor de Residuos

J.P.M.

*****791*

Matrícula del Curso de Gestor de Residuos

S.L.C.

*****795*

Matrícula del Curso de Gestor de Residuos

S.Z.E.

*****530*

Matrícula del Curso de Gestor de Residuos

 

 

INFORMACIÓN DE CONTACTO:

Directora da cátedra:

María Paz Mateo Orenes

E-mail: catedra.epifaniocampo@udc.es

 

Contacto: 

Belén Pazos

Teléfono: 881011171

E-mail: belen.pazos@udc.es

Documentación a achegar

Documentación a achegar por:

  • Estudantes universitarios: 
    • Documento acreditativo de estar matriculado nalgunha titulación universitaria oficial no curso 2022/2023 (resgardo de matrícula).
  • Titulados de ensinanzas universitarias oficiais:
    • Copia do título universitario, certificado sustitorio do título ou certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título.
  • Profesionais en activo:
    • Curriculum vitae.

Documentación a aportar se aplica bolsa:

  • Expediente académico que inclúa a nota media (en base 10).

Datas

Data de celebración: Do 17/07/2023 ó 21/07/2023
Data de inscrición: Do 08/05/2023 ó 06/07/2023
Data de matrícula: Do 28/06/2023 ó 11/07/2023

Web oficial

https://www.rodonitamedioambiente.com/actividades12

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 100,00
Tarifa bonificada: 75,00
Tarifa Diferencia: 25,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Curso de Xestor de Residuos: a actividade profesional verde

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 17/07/2023 ó 21/07/2023
Horario: Lunes a viernes de 9:00 a 14:00h
Lugar: Ferrol
Matrícula: 100,00 €