Premio á mellor publicación científica do ano 2022 en Traumatoloxía do Deporte

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

 

A Cátedra HM-UDC “Traumatoloxía do deporte”, impulsada polo grupo HM Hospitales e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais o recoñecemento da investigación de calidade que se está desenvolvendo en Galicia no ámbito da traumatoloxía deportiva, así como a diseminación dos resultados da investigación e a transferencia do coñecemento.


O premio Cátedra HM_UDC á mellor publicación científica, busca dar visibilidade ás actividades relacionadas coa Traumatoloxía do Deporte en España. Conséguese, así, incentivar a produción científica de calidade e difundir os resultados da investigación e as actividades da Cátedra. 

 

Os traballos deben versar sobre calquera ámbito da Traumatoloxía do Deporte.

 

Concederase un único premio de 1.500 euros.

 

DIRIXIDO A

Poderán optar a este premio os traballos publicados, entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2022, en revistas científicas que aparezan citadas en revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) da última edición dispoñible.

 

Os solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Pertencer a un grupo de investigación/traballo activo relacionado coa Traumatoloxía do Deporte.
  • A persoa solicitante debe aparecer como primeiro autor, último autor ou autor de correspondencia na publicación.
  • Será requisito imprescindible que a persoa solicitante conte co visto e prace de todos os autores, polo que coa solicitude deber acompañar unha declaración persoal a ese respecto.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O  prazo  de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e finalizará o 30 de maio ás 24:00 h.


AVALIACIÓN DAS PUBLICACIÓNS

As publicacións que opten ao premio e cumpran os requisitos dos puntos 2 e 3 serán avaliadas polo Comité Científico designado para ese efecto pola Cátedra.

As publicacións deben destacar por algún criterio de calidade de excelencia científica (decil, cuartil, factor de impacto, etc.).

Valorarase positivamente:

  • Que os traballos estean publicados en revistas D1 e Q1.
  • O índice de impacto da revista.
  • A aplicación futura dos resultados publicados e a innovación que representan.
  • A orixinalidade do traballo desenvolvido.

 

O Comité Científico avaliará as solicitudes durante o mes seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes. Ao longo do proceso poderá solicitarlle ás candidaturas finalistas a acreditación dos documentos indicados.


Consulta aquí as bases da convocatoria

Documentación a achegar

Documentación obligatoria a aportar en el momento de realizar la inscripción:

  • Trabajo completo no formato final da publicación.

Datas

Data de celebración: Do 02/03/2023 ó 31/07/2023
Data de inscrición: Do 02/03/2023 ó 30/05/2023

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Premio á mellor publicación científica do ano 2022 en Traumatoloxía do Deporte

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 02/03/2023 ó 31/07/2023
Horario:
Lugar: A Coruña