Prazo de matrícula pechado.
INFORMACIÓN XERAL
O curso está destinado a profesionais e estudantes que queiran adentrarse na historia da Teoría Feminista, centrándose na décima edición nas súas principais autoras e obras, e a súa interrelación coa praxe feminista.
Esta formación recolle toda a tradición intelectual da Teoría Feminista, desde os seus orixes no século XVIII ata os debates actuais no século XXI. É unha reconstrución xenealóxica da tradición intelectual feminista con toda a súa complexidade política e intelectual.
O curso online impartirase en sesións de dúas horas cada unha. As clases gravaranse para aquelas persoas que non poidan asistir en directo. As asistentes recibirán bibliografía recomendada para complementar os contidos dos relatorios. Enviarase un certificado de asistencia ao concluir a formación. Non é necesario entregar ningún traballo. Ver dossier para máis información.
METODOLOXÍA
Sesións monográficas de dúas horas desenvolvidas por relatoras especializadas no ámbito dos estudos feministas galego-nacional-latinoamericano (ver dossier adxunto).
TIPOLOXÍA
Sesións online en directo e gravadas.
PROGRAMACIÓN E RELATORAS
Descargar aquí o dossier completo
DATAS
*1 ou ata completar prazas.
Importante: *Imprescindible realizar inscrición cun correo electrónico compatible coas aplicacións de Google (p.e: Google Drive).
HORARIO
Luns de 18:30h - 20:30h (hora española)*2
*2Consultar programación para excepcións.
IMPORTE MATRÍCULA
A matrícula ten un custo de 100€
CERTIFICACIÓN
Enviarase un certificado de asistencia ao concluir a formación. Non é necesario entregar ningún traballo.
SOPORTE E MÁIS INFORMACIÓN
Teléfono de contacto: 881014458
Información sobre matrícula: i.varelac@fuac.udc.es
Información sobre formación: cexef@udc.es
Modelo de protección de datos (consulta aquí)
Data de celebración: Do 20/03/2023 ó 19/06/2023
Data de matrícula: Do 16/02/2023 ó 17/03/2023
Tarifa oficial: 100,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es