Información Xeral
A melatonina é unha hormona producida polo organismo, que entre outras funcións axuda a regular o ritmo circadiano e a promover o soño. A cantidade de melatonina liberada desde a epífisis aumenta naturalmente pola noite e diminúe pola falta de soño. Os patróns alterados do mesmo poden afectar a súa produción e liberación, o que pode ter consecuencias negativas para a saúde, ben asociadas ao insomnio, ben derivadas da súa capacidade como antioxidante e inmunoestimulante.
A suplementación con melatonina pode ser útil para tratar tanto problemas do soño como outros trastornos asociados ao ritmo circadiano mellorando a saúde e o benestar xeral.
O curso de actualización en melatonina, está dirixido a profesionais da saúde e todas aquelas persoas do sector sanitario interesadas en poñerse ao día cos últimos coñecementos publicados respecto aos usos e posibilidades desta hormona.
Obxectivos
Profesorado
Prof. Dr. Jesús Devesa Múgica. Catedrático de Fisioloxía Humana.
Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela.
Metodoloxía
5 videos de media hora de duración aproximadamente cada un.
Proba tipo test
Facilitarase xunto con material fornecido unha proba escrita tipo test para avaliar os coñecementos adquiridos, sendo necesario superar un mínimo do 60% do total de preguntas para poder acceder ao diploma acreditativo.
Ao final de cada mes aquelas persoas inscritas que superasen o test de avaliación do curso recibirán o diploma acretidativo.
Información
Unha vez realizada a inscrición e matrícula, enviarase o material formativo á dirección de correo electrónico que se facilitou previamente.
Unha vez finalizado o curso, o alumno poderá enviar a proba tipo test que lle dará acceso ao diploma acreditativo.
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881 011 171
Correo electrónico: belen.pazos@udc.es
Preme aquí para ver o programa completo
Créditos: 0.5
Data de celebración: Do 01/02/2023 ó 31/12/2025
Data de inscrición: Do 01/02/2023 ó 31/12/2025
Data de matrícula: Do 01/02/2023 ó 31/12/2025
https://aulanutraceuticaudc.com/
Tarifa oficial: 90,00 €
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es