XIV Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

XIV Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano

La buena administración para la realización de los Derechos Sociales Fundamentales

 

Edición dun programa formativo destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer o Dereito Administrativo Iberoamericano.
 
O curso está especialmente configurado para alumnos iberoamericanos vencellados á rama das ciencias xurídicas e sociais.
 
As XIV Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano teñen como eixo temático "La Buena Administración para la realización de los Derechos Sociales Fundamentales". Incluiremos as cuestións de maior actualidade, interese e controversia nos distintos ordenamentos iberoamericanos en relación coa temática das Xornadas, coa finalidade da súa posta en común e de xerar expectativas para un futuro esperanzador no estudo e a aplicación do Dereito Público e a Boa Administración.
 
DATOS DE INTERESE
 
  • Datas de celebración: do 27 de marzo de 2023 ao 31 de marzo de 2023.
  • Lugar: Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña) e Facultade de Dereiro (Campus de Elviña) -A Coruña.
  • Horario: de 9:30h a 14:00h e de 16:00h a 19:30h.
  • Modalidad: Presencial.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Período de preinscrición: do 11 de xaneiro de 2023 e ata o 20 de marzo de 2023.
    • Período de matrícula: do 11 de xaneiro de 2023 e ata o 20 de marzo de 2023.
  • Matrículas:

Ordinaria: 500 euros*

*​Inclúe desprazamento en autobús + visita a Santiago de Compostela.

Reducida: 350 euros**

​**Esta matrícula especial recolle só a asistencia ás xornadas.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. 
 
O enlace pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula. 
 
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a indicacións do director. Sendo os criterios específicos os seguintes:
 
  1. Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria en Dereito e Ciencias Sociais das Universidades convidas no Programa de Doutoramento DAI.
  2. Currículo profesional vinculado á titulación en Dereito, tanto no ámbito da docencia universitaria como no exercicio profesional.
  3. Realizar previamente o mesmo curso en anteriores edicións.
  4. Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como a vinculación académica e profesional co Dereito Administrativo Iberoamericano.
 
COMUNICACIÓNS
As persoas asistentes poderán presentar comunicacións entre o 11 de xaneiro de 2023 e o 15 de marzo de 2023 (prazo improrrogable).
 
As comunicacións, que terán unha extensión máxima de 10 páxinas (tipo de letra Arial, 12 puntos, con interlineado sinxelo), serán remitidas a través do seguinte correo electrónico: maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es.
 
As comunicación adaptaranse ao seguinte formato:
  • Título do traballo, en español e inglés.
  • Nome e apelidos do/da autor/a, indicando a súa posición académica e universidade de orixe.
  • Breve resumo, en español e inglés.
  • Palabras clave, en español e inglés.
  • Sumario.
  • Corpo do traballo.
  • Bibliografía. 
 
O Comité Científico seleccionará as comunicacións que serán presentadas oralmente, podendo rexeitar un traballo sen necesidade de proceder á súa avaliación, cando considere que non se adapta ás normas, tanto formais como de contido, ou non se adecúa ao perfil temático das Xornadas.
 
INFORMACIÓN DE CONTACTO
  • Director

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Presidente do Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo

Catredrático de Dereito Administrativo da UDC

E-mail:  jaime.rodriguez-arana.munoz@udc.es

 

  • Coordinación Académica:

Maria del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo

E-mail: maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es                                       

 

  • Contacto:

Isabel Varela

Teléfono: 881014458

E-mail: i.varelac@fuac.udc.es

Datas

Data de celebración: Do 27/03/2023 ó 31/03/2023
Data de inscrición: Do 11/01/2023 ó 20/03/2023
Data de matrícula: Do 11/01/2023 ó 21/03/2023

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 500,00
Tarifa bonificada: 350,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

XIV Xornadas de Dereito Administrativo Iberoamericano

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 27/03/2023 ó 31/03/2023
Horario: de 9:30h a 14:00h y de 16:00h a 19:30h.
Lugar: Pazo de Mariñán. y Facultad Derecho UDC
Matrícula: 500,00 €