Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Curso de posgrao destinado a adestradores e profesionais con experiencia na ensinanza e adestramento do surf, técnicos deportivos en surf, técnicos superiores, graduados e estudantes en ciencias da actividade física e do deporte e graduados e estudantes de fisioterapia que estén interesados na PREPARACIÓN FÍSICA E READAPTACIÓN FÍSICA NO SURF.
O obxectivo xeral é formar a profesionais especialistas na metodoloxía e planificación da preparación física no surf, non só do surfista de competición, incluidos aqueles de ondas grandes, senón tamén nos surfistas afeccionados ou recreativos e nos surfistas en período de formación.
Está dirixido por Joaquín Gómez Varela e Pedro Reimunde Figueira.
Ao finalizar obterase o Diploma de formación específica de posgrao en preparación física e readaptación física non surf.
LISTADO DE ADMITIDOS (Descarga documento)
concesión de bolsas (Descarga documento)
INFORMACIÓN
CALENDARIO DE ACTIVIDADES ACADÉMICAS PRESENCIAIS
INFORMACIÓN ESPECÍFICA
Información detallada do profesorado (descarga aquí).
REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
Os mínimos establecidos no Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC para matricularse nun Curso de Especialización.
De acordo co artigo 10, aqueles aspirantes maiores de idade que teñan o Nivel I do plan de formación na modalidade de surf, regulado na resolución do 7 de febreiro de 2012, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica o plan de formación do deporte surf; máis experiencia acreditada como monitor deportivo nun centro ou escola de surf durante un período de tres anos e unha carga de traballo dedicada de polo menos 1000 horas repartidas nun período de 5 anos.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos previsto, e unha vez acreditados documentalmente os requisitos de acceso, o criterio de selección farase atendendo aos seguintes aspectos, coa consecuente puntuación, para elaborar as listaxes provisionais de admisión:
1º. POR EXPENDIENTE ACADÉMICO:
A) De licenciatura ou do grao en ciencias de a actividade física e do deporte, ou se non finalizou todos os estudos, e teno aprobado, do primeiro ciclo da licenciatura en ciencias da actividade física e do deporte ou de educación física, ou se os superou, de 180 créditos dos contidos formativos comúns do título de grao en ciencias de a actividade física e do deporte (sempre que a admisión fose aprobada por resolución reitoral, previa a solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do consello de goberno ou do órgano en que delegase).
B) Polo expediente académico da carreira de mestre con especialidade en Educación Física, ou de calquera outra licenciatura, grao ou diplomatura, sempre que se acredite experiencia laboral no ámbito relacionado cos estudos ou de interese debidamente xustificado.
2º. POR EXPEDIENTE ACADÉMICO E POR CURRICULUM PROFESIONAL OU DEPORTIVO:
A) De quen obteña autorización reitoral #de acordo co artigo 11 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC, o Expediente Académico e Curriculum Profesional ou Deportivo de:
1) Dos estudantes das titulacións universitarias de primeiro ciclo cando non lle falten máis de 30 créditos LRU (300 horas lectivas) para obter esa titulación. Neste caso, para poder obter o título de experto universitario, o ou a estudante deberá posuír a condición de titulado/a antes de terminar o curso de especialización.
2) Das persoas con títulos superiores estranxeiros sen necesidade de homologación, aínda que será necesario obter unha autorización reitoral de acordo co artigo 11 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC.
3) Pola especificidade do curso, se reúne os requisitos legais (aprobada a selectividade, un Módulo de F.P. Superior –MECES 1-, ou acceso á universidade de maiores) para poder cursar estudos universitarios:
i. De quen acredite certificado de cualificación profesional ou títulos deportivos oficiais, homologados da Unión Europea, ou validados doutros países.
ii. Dos Titulados en Ensinos deportivos (Lei Orgánica 8/2013, que modifica Lei Orgánica 2/2006, de Educación): maiores de idade que teñan o Nivel I do plan de formación na modalidade de surf, regulado na resolución do 7 de febreiro de 2012, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se publica o plan de formación do deporte surf; máis experiencia acreditada como monitor deportivo nun centro ou escola de surf durante un período de tres anos e unha carga de traballo dedicada de polo menos 1000 horas repartidas en un período de 5 anos.
B) DE ACORDO COS FINS E OBXECTIVOS DO PRESENTE CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA (E DADO QUE A FINALIDADE DESTE TIPO DE CURSO É A ESPECIALIZACIÓN, ACTUALIZACIÓN E MELLORA DA CUALIFICACIÓN PROFESIONAL):
1) O Consello de Goberno ou órgano que delegase podería informar favorablemente sobre a flexibilización das condicións de acceso atendendo á xustificación presentada polas persoas solicitantes en relación a súa experiencia profesional ou deportiva no surf.
Atendendo a estes criterios as achegas valoraránse do seguinte modo de acordo coas puntuacións parciais e globais establecidas no Anexo I: puntuacións para a matrícula e bolsa.
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 01/02/2023 ao 28/02/2023, tendo en conta que en o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.
No caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 900 euros, que o alumno deberá satisfacer nun prazo:
Pago único: Abonaranse 900€ do 6/3/2023 ao 22/3/2023
(A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula).
SOLICITUDE DE BOLSA
Existen bolsas do 50% do importe da matrícula (450 euros), que se poderán solicitar do 1/2/2023 ao 28/2/2023.
Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse aqueles participantes coa maior puntuación no apartado de valoración establecido, presente na táboa do anexo I, en base aos seguintes criterios:
Data de celebración: Do 11/04/2023 ó 08/06/2023
Data de inscrición: Do 01/02/2023 ó 22/03/2023
Data de matrícula: Do 06/03/2023 ó 22/03/2023
Tarifa oficial: 900,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Formación específica de posgrao en preparación física e readaptación física no surf