C.E. en Avances e Innovación en Adestramento de Fútbol e de Deportes de Equipo

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer os AVANCES E INNOVACIÓN EN ADESTRAMENTO DE FÚTBOL E DE DEPORTES DE EQUIPO.

 

INFORMACIÓN

  • Data de impartición: Desde o 13 de marzo de 2023 ao 31 de agosto de 2023.
  • Lugar: Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Oleiros. A Coruña.
  • Modalidade: mixta.
  • Horarios presenciais: 4 sesións venres e sábados en horario de 9h ata as 20h entre febreiro e xuño / 10 a 15 días intensivos durante o mes de xuño.*

*Requírese esta información para saber a preferencia dos alumnos no momento da preinscrición.

  • Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia, participación en clase, traballos e cuestionarios que se expoñan a través da plataforma web. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de curso.
  • Créditos: 30 ECTS
  • Nº alumnos: mínimo 30 - máximo 60.
  • Preincrición e matrícula:
    • Período de preinscrición: do 28 de novembro de 2022 ao 10 de febreiro de 2023
    • Período de matrícula: 
      • ​Pago único ou primeiro prazo: do 13 ao 17 de febreiro de 2023.
      • Segundo prazo: antes do 8 de maio de 2023.
  • Matrícula:
    • Pago único: 1.900 euros
    • Primeiro prazo: 1.140 euros
    • Segundo prazo: 760 euros
    • Con bolsa: 950 euros

 

 

REQUISITOS DE ACCESO

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.

  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.

  4. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  5. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

1. Baremo do Curriculum Vitae (85%)​​​

1.1. Formación académica (65% do CV): Como perfís de acceso preferente establécense os seguintes.

1.1.1. NOTA MEDIA X1: Da licenciatura ou grao en educación física e da licenciatura ou grao en cicencias da actividade fisica e do deporte.

1.1.2. NOTA MEDIA X 0,5: Doutra licenciatura ou grao, e dos expedientes de licenciatura ou de grao e dos estudos oficiais de titulos de grao medio ou superior (Lei orgánica 8/2013) en Fútbol, Baloncesto, Balonmán, Hockey, Rugby, Voleibol ou outro.

 

1.2. Experiencia deportiva profesional (15% CV): Só se considerá aquela experiencia profesional directamente relacionada co adestramento deportivo de competición en Fútbol, Baloncesto, Balonmán, Hockey, Rugby ou Voleibol. Valoraranse diversos aspectos como posto, responsabilidades, funcións, desempeños e duración da actividade desenvolvida.

 

1.3. Outros méritos (5% do CV): Consideraranse outros méritos relacionados co curso tales como premios, cursos de formación, masters.

 

2. Carta con Declaración de Intereses (15%)

Motivacións do estudante e posibles informes de referencia das súas institucións, entidades ou clubs de orixe.

En todo caso teranse en conta as necesidades educativas especiais de estudantes derivadas de discapacidade.

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 28 de novembro de 2022  ata o 10 de febreiro de 2023, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

En caso de solicitar bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 1.900 euros, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos:
  • Pago único: Abonaranse 1.900 euros coa confirmación da inscrición.
  • Pago aprazado:
    • Abonaranse nun primeiro prazo 1140 euros (60%) coa confirmación da inscrición. 
    • Abonaranse nun segundo prazo de 760 euros (40%) antes do 8/05/2023.
 
A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
 
Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno no momento de realizar a matrícula deberá efectuar un só pago de 950 euros en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.

 

 

SOLICITUDE DE BOLSA*

*No caso de estar aprobadas na memoria de implantación do curso.

 

Existen 3 bolsas do 50% da matrícula, que se poderán solicitar desde o día 28/11/2022 ao 10/02/2023.
 
 
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran, como mínimo, dúas dos seguintes requisitos:
  • Currículum Vitae vinculado ao ámbito do rendemento deportivo en deportes de equipo.
  • Algunha das seguintes situacións socioeconómicas (renda per capita anual familiar inferior a 9.000 euros, familia numerosa, discapacidade, desemprego).
  • Alumno ou antigo alumno da UDC ou do Centro de Formación de Técnicos do Real Club Deportivo da Coruña.

 

Os alumnos que soliciten bolsa deberán presentar documento que acredite a súa nota media de acordo co R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningunha solicitude de bolsa que non conteña expresamente este dato.

 

Para outorgar a bolsa de axuda, seleccionaranse, de entre os que cumpran todos os requisitos, ao alumno con mellor nota media no seu expediente académico. De non presentarse ningunha solicitude de bolsa que cumpra os tres requisitos seleccionarase ao alumno con mellor nota media no seu expediente que cumpra dous dos requisitos.

 

MÓDULOS DO CURSO

  • ​MOD 1. Metodoloxía, planificación e avaliación en fútbol e deportes de equipo:  3,00 ECTS.
  • MOD 2. Avances en adestramento neuromuscular, bioenergético e psicolóxico en fútbol e deportes de equipo: 10,00 ECTS.
  • MOD 3. Innovación en observación de condutas técnico tácticas: 5,00 ECTS.
  • MOD 4. Avances en prevención e readaptación de lesións e innovación en recuperación de fatiga: 6,00 ECTS.
  • MOD 5. Estudo de casos de alto rendemento en deportes de equipo: 6,00 ECTS.

Documentación a achegar

Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición:

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas as caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas as caras, legible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU.
  3. C.V.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  5. Documentación da bolsa, en caso de aplicar.

Créditos

Créditos: 30

Datas

Data de celebración: Do 13/03/2023 ó 31/08/2023
Data de inscrición: Do 28/11/2022 ó 10/02/2023

Importes

Tarifa oficial: 1.900,00
Tarifa con bolsa: 950,00
Tarifa Primer plazo: 1.140,00
Tarifa Segundo plazo: 760,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

C.E. en Avances e Innovación en Adestramento de Fútbol e de Deportes de Equipo

  Datos
Data: Do 13/03/2023 ó 31/08/2023
Horario: viernes y sábado en horario de 9h hasta 20h entre febrero y junio / 10 a 15 días intensivos durante el mes de junio.
Lugar: Fac.de Ciencias Actividad Física y Deporte-Oleiros
Matrícula: 1.900,00 €