C.F.E.P. en Ética en Intervención Social

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran adquirir formación ética sobre a intervención social, e mellorar a calidade da intervención e os procesos de toma de decisións profesionais. 

 

INFORMACIÓN DO CURSO

  • Datas de impartición: do 27 de xaneiro de 2023 ao 31 de marzo de 2024.
  • Aulas: Fundación Paideia Galiza. Praza de María Pita 7. 15001 A Coruña
  • Modalidade: Mixta (semipresencial)
  • Nº alumnos: Mínimo 20, máximo 25
  • Preinscrición: do 1 de decembro de 2022 ao 13 de xaneiro de 2023
    • Listado de admitidos:16 de xaneiro de 2023
    • Reclamacións: do 17 ao 19 de xaneiro de 2023
    • Lista definitiva: 20 de xaneiro de 2023
  • Matricula: do 20 de xaneiro ao 27 de xaneiro de 2023
  • Horarios: venres de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30; sábados de 10:00 a 14:30 
  • Avaliación 
    • Avaliación continua: a través da asistencia e participación nas sesións presenciais e non presenciais. Avaliación de cada módulo: será necesario aprobar esta actividade para pasar ao módulo seguinte.
    • Avaliación final: presentación dun traballo final escrito e defensa oral diante dun tribunal.
  • Créditos: 15 ECTS 

 

REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar a seguinte condición:

  • Ser titulada/o universitaria/o.

 
PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscirbirse (sen abono de taxas) do 1 de decembro de 2022 ao 13 de xaneiro de  2023 tendo en conta que o día límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requirida e que detalla máis abaixo. 

No caso de solicitar beca, debe acreditar o cumprimento de todos os requisitos no momento de realizar a preinscricion, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada. 

 

MATRÍCULA
Tras o proceso de preincrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.000 euros que o alumno poderá satisfacer e un ou dous prazos:
 
Pago único: Aboaranse 2.000 euros do 20 de xaneiro ao 27 de xaneiro de 2023.
Pago aprazado:
  • Aboaranse nun primeiro prazo 1.000 euros do 20  ao 23 de xaneiro de 2023.
  • Aboaranse nun segundo prazo 1.000 euros do 24 ao 26 de xaneiro de 2023.
 
 
(*) No caso de non cubrir a totalidade de prazas, abrirase un novo prazo de preinscrición ata completalas. O período de matrícula será dunha semana desde o día seguinte ao día de admisión.  
 
(A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula)
 
BECA DE MATRÍCULA
Unha vez aceptada a súa solicitude de beca, a/o alumna/o deberá efectuar un só pagamento de 1.000 euros en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo. 
 
 
Solicitude de beca: No caso de estar aprobadas na memoria de implantación do curso.
 
Existen 3 becas do 50% da matrícula, que se poderán solicitar do 1 de decembro de 2022 ao 13 de xaneiro de 2023.
Poderán optar a unha beca de axuda á matrícula aquelas/os alumnas/os admitidas/os, tras efectuar a preinscrición, que cumpran o seguinte requisito:
 
  • Situación de desemprego.
 
Para outorgar as becas de axuda terase en conta a duración da situación de desemprego, primando a situación máis extensa. 

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN
  1. DNI, pasaporte (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
  • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título.
  1. C.V. 
  2. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que a/o animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  3. Documentación da bolsa, no caso de solicitala (situación de desemprego, acreditada mediante informe de vida laboral ou documentación pertinente do SEPE: Servizo Público de Emprego).

Datas

Data de celebración: Do 27/01/2023 ó 31/03/2024
Data de inscrición: Do 01/12/2022 ó 13/01/2023

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 2.000,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 1.000,00
Tarifa con bolsa: 1.000,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

C.F.E.P. en Ética en Intervención Social

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 27/01/2023 ó 31/03/2024
Horario: viernes de 9:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30; sábados de 10 a 14:30
Lugar: Praza de María Pìta 17. 15001 A Coruña
Matrícula: 2.000,00 €