Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Este curso está orientado ao uso instrumental da lingua italiana nas súas modalidades oral e escrita. O alumnado debe consolidar as competencias do nivel B1 (usuario independente, segunda parte de B1 nivel intermedio), de acordo cos seis niveis que se recoñecen no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
No final do curso, o estudantado saberá desenvolverse con fluidez na maior parte das situacións que poden xurdir na vida cotiá (persoal, académica e laboral), durante unha viaxe ou nunha estadía nun país de lingua italiana
►O curso está concibido para alumnado que teña realizado polo menos 165 horas do idioma ou que teña superado o nivel B1.1.
Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2022/23
Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.
O público externo debe achegar o seu DNI.
Non se admite domiciliación bancaria.
Créditos: 4,5
Data de celebración: Do 30/01/2023 ó 03/05/2023
Data de inscrición: Do 01/01/2023 ó 16/01/2023
Data de matrícula: Do 17/01/2023 ó 24/01/2023
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 17/02/2023 ó 24/02/2023
Tarifa oficial: 149,00 €
Tarifa oficial (en varios prazos): 74,50 €
Teléfono de contacto: 687580925
Enderezo electrónico: a.muinos.v@gmail.com
Italiano B1.2