4º Encontro de profesorado de urbanística e ordenación do territorio

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

¡Benvidos! Tras os tres frutíferos encontros anteriores celebrados en Madrid, Valladolid e Valencia –os dous últimos marcados polas difíciles condicións derivadas da pandemia, e con todo cun éxito indubidable- encamiñámonos cara ao 4º encontro que se celebrará na Coruña. Estas xornadas científicas, dirixidas principalmente a docentes e investigadores da área de Urbanística e Ordenación do Territorio, pretenden ser un foro de debate onde compartir experiencias, metodoloxía, investigacións e tamén preocupacións e inquedanzas. A extraordinaria acollida que tiveron as edicións anteriores evidencia a necesidade das mesmas.


Coa vista posta no que virá nos próximos anos, propuxemos unha variación no formato deste cuarto encontro introducindo unha tarde máis, concibida como unha serie de actividades paralelas que acompañan ao programa de carácter máis “oficial” o xoves 26 de xaneiro de 2023. En primeiro lugar, unha visita ao Museo de Belas Artes, onde posteriormente celebrarase unha mesa redonda ao redor da obra de Manuel Gallego, coa proxección do documental “No Territorio da Arquitectura” (dirixido e realizado por Pablo Gallego). O xogo de palabras que suxire o propio título o reflexo con “a arquitectura do territorio” concepto tantas veces utilizado, centra a mesa de debate na relación entre estes dous termos e a necesaria relación transversal entre as disciplinas que conflúen na urbanística.

 

Remataremos o día cunha cea nun local de hostalería próximo, que nos permitirá continuar a conversación dun modo máis informal.

 

A seguinte xornada do venres 27 de xaneiro de 2023, que se celebrará no Museo de Belas Artes da Coruña, organizarase en tres mesas: dúas na mañá e unha na tarde. A primeira titulada “50 años de docencia e investigación urbanística”, clara homenaxe aos 50 anos da fundación da ETSAC que se conmemora no 2023, pon o acento no camiño percorrido; mentres que a segunda: “paisaje y emergencia climática: las ciudades portuarias como ejemplo” céntrase nalgúns dos máis perentorios retos que expón o futuro inmediato e que incumben á nosa área de modo imperativo.


Por último, reservamos a tarde para a mesa que debaterá sobre a evolución futura dos encontros de profesorado de urbanística AUoT, dando conta das diversas posibilidades exploradas durante este último ano polo grupo de traballo constituído para ese efecto, e que esperamos propicien un debate frutífero para seguir construíndo a senda iniciada ao longo destes catro ENCONTROS.

 

INFORMACIÓN DO CONGRESO

  • Datas de celebración: 26 e 27 de xaneiro de 2023
  • Lugar de Celebración: Museo de Belas Artes da Coruña (Rúa Zalaeta, nº 2, 15002, A Coruña)
  • Horario:
    • Xoves 26 de xaneiro
      • Visita ao Museo de Belas Artes a partir das 17:30 horas
      • Cea de benvida a partir das 21:30 horas
    • Venres 27 de xaneiro: de 10:00 a 19:00 horas.
  • Formato: híbrido (presencial e online)*

*Aforo limitado

  • Período de inscrición: do 22 de novembro ao 19 de xaneiro de 2023.
  • Período de matrícula: do 22 de novembro de 2022 ao 20 de xaneiro de 2023.
    • Matrícula xeral: 40€
    • Matrícula xeral e cea de benvida: 60€
    • Matrícula cea de benvida_acompañantes: 20€

ACOMPAÑANTES

En caso de acudir como acompañante á cena de benvida será necesario inscribirse na seguinte ligazón:

*Unha vez inscrito recibirá un correo de confirmando a admisión e nese momento poderá formalizar a inscrición. 

CONTACTO

Jesús Conde García

Coordinador da área de Urbanística e Ordenación do Territorio da UDC

Correo electrónico: jesus.conde@udc.es

Datas

Data de celebración: Do 26/01/2023 ó 27/01/2023
Data de inscrición: Do 22/11/2022 ó 27/01/2023
Data de matrícula: Do 22/11/2022 ó 27/01/2023

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/4-encuentro-profesorado-auot-coruna/

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa Matrícula general: 40,00
Tarifa Matrícula general con cena: 60,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

4º Encontro de profesorado de urbanística e ordenación do territorio

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 26/01/2023 ó 27/01/2023
Horario: Jueves 26 a partir de las 17:30(actividades paralelas y Viernes de 10:00 a 19:00 horas
Lugar: ETSAC - UDC (Campus da Zapateira, 15008 A Coruña)