V curso sobre a Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable Nº 12

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O Campus Sustentabilidade da Universidade da Coruña en colaboración coa "Asociación para a Sustentabilidade e o Progreso das Sociedades" (ASYPS) organiza a quinta edición do curso sobre "A Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable nº12" , contando co apoio de Ecoembes e da Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable.

 

Na actualidade, é esencial que o mundo universitario e empresarial conten con información/formación adecuada sobre a sustentabilidade de desenvolvemento humano ante o Cambio Global. A humanidade afronta unha gran oportunidade de avanzar hacia novos modos de produción e consumo sostibles. 

 

O Curso está dirixido a profesionais, licenciados e estudantes que queiran profundar no concepto da Economía Circular para abordar os retos do Desenvolvemento Sustentable Global, ademais de complementar as súas capacidades curriculares, así como reforzar os programas actuais de estudo sobre estas importantes cuestións que afectan e condicionan a evolución da economía mundial.

 

Información do curso

 

Datas de celebración: os venres 4, 11 e 18 de novembro do 2022.

 

Horario: de 9:00 a 14:00 horas.

 

Lugar: Facultade de Dereito. Campus de Elviña, s/n

 

Modalidade: Presencial

 

Duración (30 horas):

15 horas de sesións presenciaies: 3 xornadas, cada unha cunha duración de 5 horas 

15 horas de elaboración da memoria final por parte do alumnado (data límite para a entrega 16 de decembro de 2022).

 

Preinscrición e matrícula:

Data de inscrición e matrícula: do 17 de outubro ao 3 de novembro de 2022.

 

Importe:

Inscrición xenérica: 50€

Inscrición reducida (desempregados e ex alumnos UDC): 25 €

Alumnos e persoal UDC: Gratuíto

*No caso de estudantes UDC será necesario facilitar o seu correo UDC para acceder ao material do curso na plataforma de Moodle.

 

Nº de plazas: máximo 50.

*Requírese inscrición previa.

 

Estrutura

 

O curso está estruturado en dúas partes:

  1. Unha parte presencial a cargo de profesores da UDC e expertos nas materias abordadas, cun debate participativo de 15 horas de duración distribuido en tres sesións presenciais.
  2. Unha segunda parte consistente na realización dun traballo específico por parte dos alumnos participantes sobre un dos temas do programa oportunamente tutelado e avaliado polos profesores responsables do curso. Para iso, o alumnado disporá de abundante material didáctico sobre as distintas temáticas abordadas nos módulos programados.

 

Avaliación

 

  1. Asistencia a un mínimo das dúas terceiras partes das sesións presenciais. É dicir, das tres sesións presenciais previstas no programa, haberán de xustificarse a asistencia de, polo menos, dúas das tres sesións completas.
  2. Elaboración dunha memoria por escrito sobre algún dos contidos do curso que deberá enviarse á dirección de correo electrónico oficina.sustentabilidade@udc.es.

Documentación a achegar

  • Resgardo de matrícula, no caso de ser estudantes da UDC.
  • Copia do título ou certificación académica, no caso de antigos alumnos da UDC.
  • Tarxeta demanda, no caso de estar desempregado.
  • Resgardo da nómina, no caso de persoal UDC.

Datas

Data de celebración: Do 04/11/2022 ó 16/12/2022
Data de inscrición: Do 17/10/2022 ó 03/11/2022
Data de matrícula: Do 17/10/2022 ó 03/11/2022

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa General: 50,00
Tarifa Desempleados y ex alumnos UDC: 25,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

V curso sobre a Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable Nº 12

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 04/11/2022 ó 16/12/2022
Horario: Viernes 4, 11 y 18 de noviembre de 2022 de 9:00 a 14:00 horas
Lugar: Facultad Derecho- Campus Elviña A Coruña