Bolsas de formación Cátedra HM de Traumatología del deporte de la UDC

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra HM-UDC deTraumatoloxía del deporte, impulsada polo grupo HM Hospitales e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais promover unha formación de calidade no campo de Traumatoloxía do Deporte nos ámbitos da Medicina, Fisioterapia e da Educación Física, da que poden aproveitarse os profesionais da contorna da UDC e da cidade de A Coruña.

 

É por iso que a Cátedra HM-UDC convoca para o curso académico 2022-2023 unha bolsa de formación para médicos interesados no ámbito da Traumatoloxía do Deporte. Ofrece a médicos que non tivesen unha formación específica dentro do seu programa de estudos de Medicina, nin nas diferentes especialidades médicas vía M.I.R. a posibilidade de realizar unha formación específica no ámbito da Traumatoloxía do Deporte, nun centro de referencia nacional e internacional. 

 

Presentación de solicitudes

O prazo de solicitude para bolsas de formación ofertadas para o curso académico 2022-2023 comezará o 1 de outubro de 2022 e rematará o 30 de novembro de 2022.

 

Bolsas e contías

A contía da bolsa será de 5.000 euros (período de formación de 12 meses).*

*Excepcionalmente poderán considerarse períodos de formación de 6 meses. Neste caso a contía da bolsa será de 2.500 euros. 

 

As bolsas iniciaranse durante o curso académico 2022-2023 e os lugares de desenvolvemento serán: 

  • O Instituto Médico Arriaza e Asociados.
  • O Hospital HM Modelo ( A Coruña).

 

Os requisitos para os aspirantes son:

  • Estar en posesión do título de Licenciado en Medicina.

 

Valoraránse como méritos:

  • Estar en posesión do título de Especialista en Cirugía Ortopédica y Traumatología.
  • Dedicación ao ámbito do deporte, como deportista activo ou a través de publicacións, presentacións en cursos e congresos, etc.

 

Os baremos de avaliación dos méritos dependendo do grao de afinidade destes coa temática da bolsa son:

 

Título de licenciado en medicina ou equivalente (expediente académico) 40%
Especialidad en Traumatología 20%
Doctorado 15%
Cursos de formación (másters, cursos de especializacion, etc.) 10%
Publicaciones científicas 10%
Otros méritos 5%

 

 

 

 

           

                         

Consulta aquí as bases da convocatoria

Documentación a achegar

Documentación obligatoria a achegar no momento da realización da inscrición:

  1. ​D.N.I. vixente ou documento equivalente.
  2. Curriculum vitae.
  3. Título de licenciado en medicina acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do titulo universitario de acceso, certificado sustitutorio del título, certificación del expediente académico personal con fecha de depósito del título.
  4. Certificado de colexiación no Colexio Oficial de Médicos de A Coruña.
  5. Seguro de enfermedades e accidentes (estendido a España, no seu caso).
  6. Seguro de responsabilidade Civil- Mala praxis (estendido a España, no seu caso).
  7. Certificado de conta bancaria española. 

Datas

Data de celebración: Do 16/11/2022 ó 16/11/2023
Data de inscrición: Do 16/09/2022 ó 22/12/2022

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Bolsas de formación Cátedra HM de Traumatología del deporte de la UDC

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 16/11/2022 ó 16/11/2023
Horario:
Lugar: A Coruña