Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Curso en modalidade non presencial (en liña) de EFP (Español para Fins Profesionais) dirixido a profesionais ou futuros profesionais de orixe estranxeira que desexen incrementar o seu dominio do español para utilizalo en países hispanofalantes, e desenvolvérense con certa competencia comunicativa no mundo empresarial, xa sexa porque desenvolven o seu labor profesional no ámbito dos negocios ou porque estudan unha carreira universitaria relacionada con este sector. O curso pretende que o alumnado desenvolva habilidades neste ámbito específico e que adquira unha maior competencia comunicativa na lingua española. A través do uso de modelos prácticos, o alumnado poderá aplicar a linguaxe específica adquirida no seu ámbito profesional.
► Para a realización do curso será necesario estar en posesión dun nivel B1.
DURACIÓN: 30 horas
O público externo debe achegar o seu DNI / NIE
Non se admite domiciliación bancaria.
Data de celebración: Do 04/10/2022 ó 24/11/2022
Data de inscrición: Do 05/09/2022 ó 21/09/2022
Data de matrícula: Do 22/09/2022 ó 05/09/2022
Tarifa oficial: 160,00 €
Teléfono de contacto: 881 01 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es
Español para emprendedores/as e profesionais dos negocios