Responsabilidade Civil e Seguro

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Edición dun postgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran formarse como especialista na Xestión do Risco e do Seguro. Curso totalmente virtual.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: do 5/09/2022 ao 03/03/2023
  • Preinscrición: do 14/06/2022 ao 20/07/2022 (acceso a inscrición).
  • Admisión: do 22/08/2022 ao 26/08/2022
  • Matrícula*: 
    • Pago único: 26 ao 31 de agosto de 2022
    • Fracccionamiento do pagamento: poderase pagar en dous prazos:
      • 50% ao formalizar a matrícula do 26 ao 31 de agosto de 2022.
      • 50% entre o 10 e o 14 de outubro de 2022.

*Os alumnos que acrediten que eles ou as empresas coas que teñan contrato laboral son "Amigos de Fundación Inade" beneficiranse dun desconto de 300 euros sobre os dereitos de matrícula.

  • Horario: luns, martes e mércores de 16:00h. a 17:30h. e de 18:00h. a 19:30h. 
  • Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de título.
  • Créditos: 30 ECTS
  • Modalidade: Virtual a través da plataforma Zoom.
  • Nº alumnos: mínimo 25, máximo 50

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións*: 

  1. Personas que posúan unha titulación universitaria oficial de grado (diplomado, licenciado o graduado).
  2. Personas que estén matriculadas nunha titulación universitaria oficial de grado e proben que superaron 180 créditos da mesma.
  3. Personas habilitadas para acceder aos estudos universitarios (superación de Pruebas de Acceso á Universidade ou de Formación Profesional de segundo grado), siempre que acrediten ter desenvolvido actividades empresariais relacionadas coa materia.

 

*No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno. 

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Terán preferencia os alumnos cunha titulación de Grado en Dereito, Economía ou Empresa ou Enxeñaría. 
  2. Currículum profesional vinculado a actividades empresariais relacionadas coa xestión do risco ou o seguro.
  3. Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como que ter presentada a solicitude con maior antelación.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o postgrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) a través da web www.catedrafundacioninade.org do 14/06/2022 al 20/07/2022, tendo en conta que a data límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. 

 

En caso de solicitar beca, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a matriculación achegando a  documentación acreditativa que sexa solicitada.


DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

  1. Copia de DNI (escaneado polas dúas caras).
  2. Fotografía tamaño carné.
  3. A elexir segundo a formación do solicitante:
    • Copia doTítulo universitario ou solicitude do mesmo.
    • Copia do expediente académico universitario que acredite ter superado máis de 180 créditos da titulación cursada.
    • Copia da superación das Probas de Acceso á Universidade + Acreditación de experiencia na xestión empresarial, en institucións públicas ou no sector asegurador.
    • Copia do Título da Formación Profesional de Segundo Grado + Acreditación de experiencia  na xestión empresarial, en institucións públicas ou no sector asegurador.
  4. Curriculum vitae actualizado (máximo dúas páxinas).
  5. Carta de motivación (máximo 500 palabras).

 

MATRÍCULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder al abono das taxas de matrícula.

A matrícula ten un custo de 2.300 euros/ 2.000 euros para os Amigos de Fundación Inade.

O alumno pode aboar a matrícula nun pago único do 26/08/2022 al 31/08/2022 ou en dous prazos: 50% ao formalizar a matrícula do 26 ao 31 de agosto e 50% entre o 10 e 14 de outubro de 2022.


SOLICITUDE DE BECA:

Unha das becas (outorgarase unha beca por cada 10 alumnos inscritos) consiste  nun descuento do 50% del custo ordinario de matrícula del curso de especialización.

 

A beca concederase nun concurso entre todos eles que se decicirá en función de dous puntos obtidos por cada un dos seguintes extremos: 

  1. Ter unha ou varias das seguintes titulacións de Grao: Dereito, ADE, Económicas, Empresariais, Enxeñaría Informática, Civil ou Industrial: ata 10 puntos. 
  2. Ter un ou varios mestrados univesitarios oficiais en materias de carácter xurídico, empresarial ou económico: ata 3 puntos.
  3. Outros méritos (expediente académico, experiencia laboral previa relacionada coas materias do curso, idiomas): ata 5 puntos.
  4. En caso de empate poderase celebrar unha entrevista persoal cos candidatos.

 

Máis información

Créditos

Créditos: 30

Datas

Data de celebración: Do 05/09/2022 ó 03/03/2023
Data de matrícula: Do 10/10/2022 ó 24/10/2022

Web oficial

https://catedrafundacioninade.org/curso-de-responsabilidad-civil-y-seguro-promocion-2022-2023

Importes

Tarifa oficial: 2.300,00
Tarifa bonificada: 2.000,00
Tarifa 1º plazo matrícula general: 1.150,00
Tarifa 1º plazo matrícula Amigos Fundación INADE: 1.000,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Responsabilidade Civil e Seguro

  Datos
Data: Do 05/09/2022 ó 03/03/2023
Horario: lunes, martes y miércoles de 16:00 a 17:30 y de 18:00 a 19:30 horas.
Lugar: A Coruña
Matrícula: 2.300,00 €