Xerencia de Riscos e Seguros (Plan Inicia Gerenciarys)

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Edición dun postgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran formarse como especialista na Xestión do Risco e o Seguro. .

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: do 9/09/2022 ao 03/03/2023
  • Preinscrición: do 14/06/2022 ao 20/07/2022 (acceso a inscrición).
  • Admisión: do 22/08/2022 ao 26/08/2022
  • Matrícula*: 
    • Pago único 2.300 euros (online): 26 ao 31 de agosto de 2022
    • Fracccionamiento do pagamento: poderase pagar en dous prazos:
      • 50% ao formalizar a matrícula do 26 ao 31 de agosto de 2022. 
      • 50% entre o 10 e o 14 de outubro de 2022.

*Os alumnos que acrediten que eles ou as empresas coas que teñan contrato laboral son "Amigos de Fundación Inade" beneficiranse dun desconto de 300 euros sobre os dereitos de matrícula.

  • Horario: venres de 9:30 h. a 19:00 h. e sábados de 9:30 h. a 14:00 h.
  • Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de título.
  • Créditos: 30 ECTS
  • Centro docente:   Virtual: Zoom
  • Nº alumnos: mínimo 25, máximo 50

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións*: 

  • Personas que posúan unha titulación universitaria oficial de grado (diplomado, licenciado ou graduado).
  • Personas que estén matriculadas nunha titulación universitaria oficial de grado e proben que superaron 180 créditos da mesma.
  • Personas habilitadas para acceder aos estudos universitarios (superación de Probas de Acceso á Universidade ou de Formación Profesional de segundo grado), siempre que acrediten ter desenvolvido actividades empresariais relacionadas coa administración de empresas, a xestión de riscos ou o seguro durante máis de dous anos. 

 

*No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno. 

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Terán preferencia os alumnos cunha titulación de Grado en Dereito, Economía ou Empresa ou Enxeñaría. 
  2. Currículum profesional vinculado a actividades empresariais relacionadas coa xestión do risco ou o seguro.
  3. Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como que ter presentada a solicitude con maior antelación.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o postgrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) a través da web www.catedrafundacioninade.org do 14/06/2022 ao 20/07/2022, tendo en conta que a data límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. 

 

En caso de solicitar beca, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a matriculación achegando a  documentación acreditativa que sexa solicitada.


DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

  1. Copia de DNI (escaneado polas dúas caras).
  2. Fotografía tamaño carné.
  3. A elexir segundo a formación do solicitante:
  • Copia doTítulo universitario ou solicitude do mesmo.
  • Copia do expediente académico universitario que acredite ter superado máis de 180 créditos da titulación cursada.
  • Copia da superación das Probas de Acceso á Universidade + Acreditación de experiencia na xestión empresarial, en institucións públicas ou no sector asegurador.
  • Copia do Título da Formación Profesional de Segundo Grado + Acreditación de experiencia na xestión empresarial, en institucións públicas ou no sector asegurador.
  1. Curriculum vitae actualizado (máximo dúas páxinas).
  2. Carta de motivación (máximo 500 palabras).

 

MATRÍCULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. 

 

Modalidade virtual: ten un custo de 2.300 euros/2.000 euros para os Amigos da Fundación Inade.

 

O alumno pode abonar a matrícula nun pago único do 26/08/2022 ao 31/08/2022 ou en dous prazos: 50% ao formalizar a matrícula do 26 ao 31 de agosto e 50% entre o 10 e 14 de outubro de 2022.


SOLICITUDE DE BECA:

Unha das becas (outorgarase unha beca por cada dez alumnos inscritos) consiste  nun desconto do 50% do custo ordinario de matrícula do curso de especialización.
A beca concederase nun concurso entre todos eles, que se decicirá en función de dous puntos obtidos por cada un dos seguintes extremos: 

a) A necesidade que teña o estudante de desprazarse para atender ao curso,

b) O CV presentado, o expediente académico e a carta de motivacion.

 

 

 

Valorarase preferentemente: 

  1. Ter unha ou varias das seguintes titulaicóns de Grao: Dereito, ADE, Económicas, Empresariais, Enxeñaría Informática, Civil ou Industrial: ata 10 puntos. 
  2. Ter un ou varios mestrados universitarios oficiais en materias de carácter xurídico, empresarial ou económico: ata 3 puntos.
  3. Outros méritos (expediente académico, experiencia laboral previa relacionada coas materias do curso, idiomas): ata 5 puntos.
  4. En caso de empate poderase celebrar unha entrevista persoal cos candidatos.

 

Máis información

Créditos

Créditos: 30

Datas

Data de celebración: Do 09/09/2022 ó 03/03/2023
Data de matrícula: Do 10/10/2022 ó 24/10/2022

Web oficial

https://catedrafundacioninade.org/curso-de-gerencia-de-riesgos-y-seguros-promocion-2022-2023

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa Matricula general: 2.300,00
Tarifa Matrícula Amigos de Fundación INADE: 2.000,00
Tarifa A plazo matrícula general: 1.150,00
Tarifa A plazo matrícula Amigos Fundación INADE: 1.000,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Xerencia de Riscos e Seguros (Plan Inicia Gerenciarys)

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 09/09/2022 ó 03/03/2023
Horario: viernes: 09:30 h a 19:00 h./ sábados: 09:30 h a 14:00 h.
Lugar: A Corña