Máster en Loxística e Transporte

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

A décima edición do Máster en Loxística e Transporte está destinada a profesionais, titulados e estudantes que queiran coñecer o ámbito profesinoal e o transporte de mercancías.

 

LISTADO ADMITIDOS PRIMEIRA INSCRICION (Descarga documento)

PRAZAS DISPOÑIBLES (Aberto un novo prazo de inscrición)

 

INFORMACIÓN

  • Datas de impartición: Do 1 de setembro de 2022 ao 31 de outubro de 2023.
  • LugarEdificio de Apoio ao Estudo del Campus de Esteiro (Ferrol).
  • Horario: Venres de 16:30 a 21:00 h. e sábados de 9:30 a 14:00 h. Excepcionalmente poderanse propoñer activides noutros horarios.
  • Número de alumnos: Mínimo 15 - Máximo 25. En caso necesario podese limitar o número máximo de admitidos de acordo cos protocolos de ocupación de aulas.
  • Créditos: 65 ECTS.
  • ModalidadPresencial, cumprindo os protocolos de prevención que establezan as autoridades sanitarias e académicas.
  • Preinscrición e matrícula:​
    • Período de preinscrición: Do 27 de xuño ao 26 de xullo de 2022.Quedan prazas dispñibles. Abrirase de novo o prazo de inscricion e adxudicaránse ata que se completen todas as prazas antes do comenzo do curso.
    • Período de matrícula: Do 27 de xullo ao 3 de agosto de 2022.

 

REQUISITOS DE ACCESO

Para acceder ao máster os estudantes deberán reunir, ao menos, un dos seguintes requisitos:

  • Ser titulado universitario de ciclo curto ou  largo.
  • Ter un título universitario de grao.
  • Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións universitarias de dous ciclos. 
  • Acreditar ter superado 180 créditos dos estudos universitarios de grao cando nestes estivera comprendida a totalidade dos contidos formtativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicidude individual e razonzada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia noutro órgano. 
  • Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo u segundo ciclo.
  • Tamén poderán acceder ao Máster as persoas con títulos superiores estranxeiros similares aos indicados anteriormente sen necesidade de homologación, se ben será necesario obter unha autorización reitoral de acordo co artigo 11 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudios relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  • Expediente académico e relación da titulación co ámbito dos estudos.
  • Currículum profesional relacionado co ámbito dos estudos.
  • Xustificación da motivación para a  realización ds estudos.
  • Entrevista persoal (opcional).

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o postgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 27 de xuño ao 26 de xullo de 2022, tendo en conta que o día límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. No caso de non cubrir prazas, as dispoñibles ofertaránse ata o inicio do curso.  

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicaráselle por mail) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 4.900 €, que o alumno podrá satisfacer en un ou en dous prazos:

 

  • Pago único: Abonaránse 4.900€ do 27 de xullo ao 3 de agosto de 2022.
  • Pago aprazado:
    • Abonaránse nun primeiro prazo 2.450€ do 27 de xullo ao 3 de agosto de 2022.
    • Aboaránse nun  segundo prazo 2.450€ do 01 ao 15 de febreiro de 2023.

 

A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o período de matrícula. 


Xunto coa preinscrición, o alumno interesado en obter unha bolsa de axuda deberá aportar a documentación acreditativa requirida.

Unha vez aceptada a súa solicitud de bolsa, o alumno deberá efectuar un só pagamento de 2.450 € en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.

 

SOLICITUDE DE BOLSA

Concederánse bolsas do 50% da matrícula a un 10% dos estudantes matriculados no máster, que se poderán solicitar do 27 de xuño ao 26 de xullo de 2022 xunto coa preinscrición.

 

Os criterios para a adjudicación das becas serán:

  • Expediente académico.
  • Currículum vítae.
  • Situación económica do núcleo familiar.

 

AVALIACIÓN

Para superar o máster será necesaria:

  • A asistencia ás clases presenciais e a entrega satisfactoria dos casos e traballos que se plantexen para os módulos 1, 2 e 3.
  • A realización ou convalidación das prácticas (módulo 4).
  • A realización do Traballo de Fin de Máster (módulo 5) que deberá superar a súa defensa pública.

 

PROGRAMA

Consulta aquí o programa.

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
  • Será un dos seguintes:
    • Copia del título universitario de acceso.
    • Certificado sustitutorio do título.
    • Certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primer ciclo.
    • Certificado acretidativo cuñado pola Secretaría da Facultade de ter superados 180 créditos (no caso de estar cursando os estudos).
  1. Expediente académico
  2. Currículum Vitae.
  3. Carta dirixida á dirección explicando os  motivos que lle animan a querer cursar o postgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR PARA SOLICITUD DE BOLSA

 

  1. Renda neta per cápita familiar calculada de acordo co procedimento das Becas de Carácter Xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.*

*No caso de resultar seleccionado para a adxudicación dunha beca solicitaráse documentación complementaria que acredite o cálculo realizado.

            DOCUMENTO DE CONSULTA PARA O CÁLCULO_ Descarga documento

 

Créditos

Créditos: 65

Datas

Data de celebración: Do 01/09/2022 ó 31/10/2023
Data de inscrición: Do 28/07/2022 ó 30/09/2022
Data de matrícula: Do 27/07/2022 ó 28/09/2022
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/02/2023 ó 17/02/2023

Web oficial

http://www.masterlogisticaytransporte.com/es/

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 4.900,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 2.450,00
Tarifa con bolsa: 2.450,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Máster en Loxística e Transporte

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 01/09/2022 ó 31/10/2023
Horario: Viernes de 16:30h a 21:00h - Sábados de 09:30h a 14:00h
Lugar: Ed. Apoyo al Estudio - Campus de Esteiro - Ferrol
Matrícula: 4.900,00 €