Máster en BIM

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Máster en BIM está destinado a profesionais, graduados e estudantes de últimos cursos que desexen adquirir as competencias necesarias para dominar a metodoloxía BIM (BUILDING INFORMATION MODELING) na contorna real da edificación. Cabe destacar que, se ben os casos prácticos céntranse na edificación, os coñecementos adquiridos permiten extrapolar o uso da metodoloxía ao ámbito da enxeñaría civil.
 
LISTADO DE ADMITIDOS (Descarga documento)
 
PRAZAS DISPOÑIBLES (abrirase de novo o prazo de inscricion en agosto)
 
INFORMACIÓN
Existen dúas opcións de inscrición e matrícula: por un lado, o Máster en BIM e por outro lado o curso derivado, que é un Curso de especialización en BIM.
  • Período de impartición: do 4 de outubro de 2022 ao 22 de decembro de 2023.
    • Docencia:
      • Período lectivo máster: 4 de outubro de 2022 ao 28 de xuño de 2023
      • Desenvolvemento do TFM: 1 de xullo de 2023 ata o 22 de decembro de 2023
      • Curso especialización: 4 de outubro de 2022 ao 21 de marzo de 2023.
  • Modalidade: Presencial ou a distancia (docencia síncrona mediante plataforma on-line).
  • Lugar: aula BIM da EU de Arquitectura Técnica (Universidade da Coruña).
  • Horario (docencia presencial): martes e mércores de 16:00h a 21:10h.
  • Créditos:
    • Máster en BIM: 60 ECTS
    • Curso de Especialización derivado: 30 ECTS
  • Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación de traballos exigidos por cada materia. Para poder superar o máster ou o curso de especialización é necesario aprobar todas as materias.
  • Número de alumnos: mínimo 15, máximo 24.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Primeiro prazo (xuño-xullo)
      • Preinscrición: 1 de xuño ao 13 de xullo de 2022.
      • Publicación de lista provisional: 15 de xullo de 2022.
      • Reclamacións: 15-20 de xullo de 2022.
      • Publicación de lista definitiva: 22 de xullo de 2022.
      • Matrícula: do 26 ao 29 de xullo de 2022.
    • Segundo prazo (agosto-setembro)
      • Preinscrición: 8 de agosto ao 2 de setembro de 2022. Quedan prazas vacantes, auméntase o prazo ata o 16 de setembro
      • Publicación de lista provisional: 6 de setembro de 2022.
      • Reclamacións: 6-7 de setembro de 2022.
      • Publicación de lista definitiva: 9 de setembro de 2022.
      • Matrícula: 12-16 de setembro de 2022.
  • Solicitude de bolsa: do 12 ao 16 de decembro de 2022.
  • ​Equipamento informático: o alumno debe dispor dun ordenador portátil. Recoméndase que como mínimo as prestacións deberían ser procesador de 64 bits de varios núcleos con 6 GB de RAM e sistema operativo Windows (Se desexa emplear un Mac deberá ter instalado máquinas virtuais dentro do seu PC).

 

REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
  1. Ser licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente, ou posuir unha titulación de ciclo curto.
  2. Posuir un título de grao.
  3. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  4. Acreditar ter superados cento oitenta créditos dos estudos de grao cando nestes créditos esté comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razonada da persoa interesada e do informe vinsulante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia do informe noutro órgano. 
  5. Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
 
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxextoria profesional do alumno.
 
A valoración dos requisitos realizaraa a Comisión Académica do título, en función da forma de acceso, segundo os seguintes criterios:
 
  • Terán preferencia os alumnos que desexen cursar o máster (íntegro) fronte ao curso de especialización.
  • Terán preferencia os alumnos que opten pola docencia presencial fronte á modalidade On-line.
  • Para os candidatos que acrediten posuir a titulación universitaria requirida, valoraráse nesta orde:
  1. Expediente Académico*.
  2. Currículum Vitae (experiencia profesional demostrada).
  3. Entrevista personal (no caso de estimarse oportuno).
  • Para os alumnos solicitantes que teñan pendiente de superar menos de 30 ECTS (incluido o Traballo Final de Grao) de calquera das titulacións requiridas, valoraráse nesta orde: 
  1. Expediente académico ata o momento da solicitude de admisión ao posgrao.
  2. Número de créditos restantes para a obtención do título de grao correspondente.
  3. Entrevista persoal (no caso de estimarse oportuno).

 

*Os alumnos con titulación universitaria expedida en centros estranxeiros deben entregar a equivalencia de notas (procedemiento detallado no Ministerio de Educación e Formación Profesional).

 
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o mestrado ou o curso de especialización deberán preinscribirse (sen abono de taxas) no primeiro prazo (do 01/06/2022 ao 13/07/2022) e no caso de non cubrir as plazas no primeir prazo, nun segundo prazo do 08/08/2022 ao 02/09/2022, tendo en conta que na data límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. 
 
 
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder a abono das taxas de matrícula. 
 
MATRÍCULA MÁSTER
A matrícula  do mestrado: Ten un custo de 2.600 euros, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos:
 
  • Pago único: Abonaranse 2.600 euros ao formalizar a matrícula  (26 ao 29 de xullo de 2022).
  • Pago aprazado:
    • Abonarase un primer pagamento de 1.600 euros (26 ao 29 de xullo de 2022).
    • Abonarase un segundo pagamento de 1.000 euros (do 9 ao 13 de xaneiro de 2023).

 

A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
 

Custos minorados Matrícula Reducida 2.340€  **

  1. Comunidade Universitaria UDC (PDI, PAS, alumnos e antigos alumnos). 
  2. Para colexiados pertencentes a: 
  • Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos 
  • Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 
  • Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas de Galicia.
 

Custos minorados Matrícula Reducida 1.200€ ***

 
Alumnos que superasen o Posgrao BIM da UDC de anteriores edicións.
 
** Para optar aos custos minorados deben indicar na inscrición que pertencen a algún destes colectivos e aportar a documentación xustificativa segúndo sexa o colectivo. Debe pertencer a devantido colectivo no momento de formalizar a matrícula (se se pertence con posterioridade non terá efecto o desconto).
*** Para optar aos custos minorados deben aportar a documentación xustificativa de ter superado o Posgrao BIM da UDC de anteriores edicións.
 
MATRÍCULA CURSO DE ESPECIALIZACIÓN
A matrícula do curso de especialización: ten un custo de 1.800 euros, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos:
 
  • Pago único: Abonaránse 1.800 euros ao formalizar a matrícula  (26 ao 29 de xulo de 2022).
  • Pago aprazado: 
    • Abonarase un primer pagamento de 1.200 euros (26 ao 29 de xullo de 2022).
    • Abonarase un segundo pagamento de 600 euros (do 9 ao 13 de xaneiro de 2022).
 
A ligazón de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula. 
 
Custos minorados Matrícula Reducida  1.620 €  **
 
  1. Comunidade Universitaria UDC (PDI, PAS, alumnos e antigos alumnos). 
  2. Para colexiados pertencentes a: 
  • Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos 
  • Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 
  • Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas de Galicia.

 

** Para optar aos custos minorados deben indicar na inscrición que pertencen a algún deste colectivos e aportar a documentación xustificativa segundo sexa o colectivo. Debe pertencer ao devandito colectivo no momento de formalizar a matrícula (se se pertence con posterioridade non terá efecto o desconto).
 
 
SOLICITUDE DE BOLSA
Existen un mínimo de 2** bolsas do 50 % do importe da matrícula abonado polo alumno, que se poderán solicitar do 12 ao 16 de decembro de 2022.
 
O alumno interesado na solicitude de bolsa, ademáis de indicalo na inscrición e achegar a documentación necesaria no momento da inscrición. Debe remitir nestas datas un correo electrónico solicitando a bolsa a  i.varelac@fuac.udc.es
 
** O número de bolsas determinarase en función do número real de matriculados garantindo un 10% do alumnado matriculado.
 
A adxudicación da beca virá dada previa solicitude expresa do alumno e a aportación incluida na baremación de méritos. O expediente académico necesariamente debe incluir a nota media segundo Real Decreto 1125/2003, no caso contrario desestimaráse a solicitude.
 
No poderán solicitar beca aqueles alumnos aos que se lles concedese beca en cursos pasados. 
 
Para a baremación de méritos, establecerase o criterio mediante o expediente académico da titulación que da acceso ao posgrao.
 
  1. Expediente académico 
  • No caso de alumnos universitarios que non rematasen aplicaráse un coeficiente corrector do 0.95  á nota media obtida no momento de realizar a matrícula do posgrao.
  • No caoso de alumnos con titulación universitaria o coeficiente corrector é do 1.0.
  • No caso de alumnos con titulación non universitaria o coeficiente corrector é do 0.85
  1. No caso de obter o mesmo valor terase en conta o CV aportado polo alumno (experiencia laboral, titulacións cursadas, etc.). 

 

Os alumnos con titulación universitaria expedida en centros estranxeiros deben entregar a equivalencia de notas (procedemento detallado no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN
  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
  • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU. 
  1. Currículum Vitae.
  2. Expediente académico do Grao ou titulación equivalente. No que se inclúa a nota media segundo R.D. 1125/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.
  3. Alumnos con titulación universitaria expedida en centros estranxeiros: deben entregar a equivalencia de notas (Procedemento detallado no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte) e o expediente académico expedido pola universidade de orixe.
  4. Documentación xustificativa para aplicar os custos minorados para a reducción da matrícula.

Datas

Data de celebración: Do 04/10/2022 ó 22/12/2023
Data de inscrición: Do 08/08/2022 ó 21/09/2022
Data de matrícula: Do 09/01/2023 ó 16/01/2023

Web oficial

https://posgrado.bim.udc.es/

Importes

Tarifa oficial: 2.600,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 1.600,00
Tarifa bonificada: 740,00
Tarifa con bolsa: 1.072,00
Tarifa *MATRÍCULA REDUCIDA MASTER BIM: 2.340,00
Tarifa **MATRÍCULA REDUCIDA MASTER BIM: 1.200,00
Tarifa MATRÍCULA GENERAL CURSO ESPECIALIZACIÓN: 1.800,00
Tarifa PRIMER PAGO CURSO ESPECIALIZACIÓN: 1.200,00
Tarifa MATRÍCULA REDUCIDA CURSO ESPECIALIZACIÓN: 1.620,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Máster en BIM

  Datos
Data: Do 04/10/2022 ó 22/12/2023
Horario: martes y miércoles de 16:00h a 21:10h
Lugar: E.U. de Arquitectura Técnica (UDC)-A Coruña
Matrícula: 2.600,00 €