Historia da Teoría Feminista (Séculos XVIII-XXI)

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Importante: *Imprescindible realizar inscrición cun correo electrónico compatible coas aplicacións de Google (p.e: Google Drive).

 

O curso está destinado a profesionais e estudantes que queiran adentrarse na historia da Teoría Feminista, centrándose nas súas principais autoras e obras, e a súa interrelación coa praxe feminista.

 

Esta formación recolle toda a tradición intelectual da Teoría Feminista, desde os seus orixes no século XVIII ata os debates actuais no século XXI. É unha reconstrución xenealóxica da tradición intelectual feminista con toda a súa complexidade política e intelectual.


Descargar dossier completo


METODOLOXÍA
O temario transcurrirá a través de sesións monográficas de dúas horas desenvolvidas por relatoras especializadas no ámbito dos estudios feministas galego-nacional-latinoamericano (ver dossier adxunto). Nesta
novena edición trataremos, ademais, os debates máis actuais desta cuarta onda.

 

TIPOLOXÍA

Sesións online en directo. As clases gravaránse para aquelas persoas que non poidan asistir en directo.  
As asistentes recibirán bibliografía recomendada para complementar os contidos dos relatorios; asi mesmo, poderán realizar as súas aportacións ao final de cada sesión. 


PROGRAMACIÓN E RELATORAS


Descargar

 

DATAS

  • Data de inicio: 31 de xaneiro de 2022
  • Data de finalización: 16 de maio de 2022
  • Solicitude de bolsa: Desde o 22 de decembro de 2021 ao 14 de xaneiro de 2022
  • Preinscrición e matrícula: Desde o 22 de decembro de 2021 ata o 27 de xaneiro de 2022 (ou completar prazas)*

 

HORARIO: 

Luns 18:30h - 20:30h (hora española)
*A hora de finalización varía en función da sesión. Estimase 1:45h de exposición teórica máis debate e posta en común.

 

IMPORTE MATRÍCULA: 100€

 

BOLSAS
O curso de Historia da Teoría Feminista oferta seis bolsas que cubrirán o importe total da matrícula. Tres delas irán dirixidas a estudantes procedentes de España; as tres restantes destinaránse a alumando estranxeiro.

 

  • Documentación requirida:
  1. Matrícula en vigor e/ou rexistro como demandante de emprego..
  2. Declaración da renda ou equivalente na que figuren os ingresos da persoa solicitante ou do seu núcleo familiar (debe constar expresamente a súa pertenza a este).
  3. En caso de familias monoparentais copia de libro de familia.
  4. Carta na que se explique o interese polo curso (180 palabras).

 

Enviar solicitude a cexef@udc

 

Descartaránse aquelas candidaturas que non inclúan toda a documentación solicitada.

 

Modelo de protección de datos


CERTIFICACIÓN
Para solicitar o certificado de asistencia haberá que completar o 80% das horas.

 

SOPORTE E MÁIS INFORMACIÓN
Teléfono de contacto: 881014458
Información sobre matrícula: i.varelac@fuac.udc.es
Información sobre formación: cexef@udc.es

Datas

Data de celebración: Do 31/01/2022 ó 16/05/2022
Data de inscrición: Do 22/12/2021 ó 27/01/2022
Data de matrícula: Do 22/12/2021 ó 27/01/2022

Importes

Tarifa oficial: 100,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Historia da Teoría Feminista (Séculos XVIII-XXI)

  Datos
Data: Do 31/01/2022 ó 16/05/2022
Horario: Por las tardes a partir de las 18:30 a 20:30 (lunes)
Lugar: Online
Matrícula: 100,00 €