Prazo de inscrición pechado.
A CÁTEDRA "LUIS FERNÁNDEZ SOMOZA" PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA E EMPRESA NA UDC convoca bolsas para a mobilidade internacional do estudantado da Facultade de Economía e Empresa da Universidade de A Coruña que estea a cursar programas de dobre titulación (graos e másteres universitarios) internacional durante o curso académico 2021-2022 nas universidades de South Wales, Widener e ESC Rennes.
Convócanse bolsas a realizar dunha contía individual máxima de 1.780 euros e de 2.500 euros segundo a universidade de destino.
Cada candidato/a só poderá presentar unha solicitude a unha universidade de destino.
As mobilidades poderán desenvolverse nas Universidades que figuran no obxecto da convocatoria.
As bolsas serán para estancias no curso académico 2021-2022.
Os requisitos para solicitar as bolsas da CÁTEDRA "LUIS FERNÁNDEZ SOMOZA" PARA A INTER NACIONALIZACIÓN DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA E EMPRESA NA UDC son:
•Dispor de DNI vixente ou equivalente no momento de tramitar a documentación.
•Estar matriculado como alumno/a dun programa de dobre titulación vinculado á Facultade de Economía e Empresa da UDC.
A documentación que se deberá presentar na fase de inscrición será:
Data de celebración: Do 01/01/2022 ó 13/08/2022
Data de inscrición: Do 23/11/2021 ó 30/04/2022
Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es