Exercicio físico en poboacións con necesidades especiais: Embarazo, enfermidade crónica e discapacidade

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A literatura científica mostra de maneira robusta e consistente os beneficios da actividade e o exercicio físico sobre as diferentes dimensións da saúde. A súa utilidade como ferramenta preventiva e terapéutica en diferentes perfís poboacionais foi evidenciada científicamente e iso propiciou o desenvolvemento de múltiples iniciativas orientadas a lograr unha sociedade máis físicamente activa. Neste sentido, no ano 2020 a Organización Mundial de la Salud publica a actualización da súa guía de actividade física e conductas sedentarias, incluindo por primeira vez referencias concretas para subpoboacións específicas como son as mulleres embarazadas ou durante el postparto, e personas que viven con enfermidade crónica e/ou discapacidade. 

 

Por todo isto, as III Xornadas da Cátedra SXD Galicia Activa centrarase nestes perfís poboacionais, dando así continuidade ás xornadas dos dous anos anteriores centradas na poboación en idade escolar e nas persoas maiores, respectivamente.

 

Este ano contaremos coa participación de prestixiosos investigadores, os cales acercaránnos a súa experiencia respecto ao uso do exercicio e a actividade física en mulleres embarazadas, persoas con discapacidade e poboación que convive con patoloxías como o cáncro ou a diabetes, e que ao finalizar os relatorios participarán nunha mesa de debate na que os asistentes poderán formular preguntas e/ou comentarios. 

 

XORNADA GRATUÍTA!! Se estás interesado inscríbete, prazas limitadas!!!

 

PROGRAMA DA XORNADA 

 

Dirixido a: 

  • Estudantes de grao, mestrado e doutoramento
  • Profesores universitarios
  • Profesionais do exercicio e da actividade física
  • Profesionais do ámbito sanitario

 

Lugar de celebración: Salón de actos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (Avenida Ernesto Che Guevara 121 15179 Pazos, Liáns, Oleiros-A Coruña).

 

Expedirase certificación acreditativa de asistencia. 

 

Se non podes acudir á xornada, e desexas seguila poderás realizalo picando aquí  

Datas

Data de celebración: Do 16/12/2021 ó 16/12/2021
Data de inscrición: Do 01/11/2021 ó 16/12/2021

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-galicia-activa/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881012365
Enderezo electrónico: sandra.lopezj@fuac.udc.es

Comparte esta información

Exercicio físico en poboacións con necesidades especiais: Embarazo, enfermidade crónica e discapacidade

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 16/12/2021 ó 16/12/2021
Horario: de 17:00 a 20:00 horas
Lugar: Fac. Ciencias del Deporte y la Actividad Física