Mestrado en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

Información xeral

Terceira edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que cubre un perfil moi demandado polas empresas, onde poderás aprender a programar, xunto coa ideación, validación e comercialización dun negocio dixital na empresa.

 

 

INFORMACIÓN

  • Data de impartición: do 4 outubro de 2021 ao 29 de xullo de 2022.
  • Lugar: aula da Facultade de Economía e Empresa.
  • Horario: 9:00 a 18:00h.
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Modalidade: mixta. O 90% da formación será impartida en remoto (Luns a xoves), Presencial (Venres) en Vigo e A Coruña.
  • Avaliación:  avaliación continua a través da asistencia e participación na clase. É obligatoria a presentación dun TFM (Traballo de Fin de Máster).
  • Número de alumnos: mínimo 20, máximo 30.
  • Preinscrición: do 01/06/2021 ao 30/07/2021
  • Matrícula: do 15/06/2021 ao 30/07/2021

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral.
  4. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  • Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria en: 1. Empresa (ADE, Empresariais, Económicas, Comercio e Marketing, Turismo, etc). 2. Tecnoloxía (Informática, Telecomunicacións, Industriais, etc.) e 3. Ciencias (Matemáticas, Física, Química, etc.)
  • Currículum profesional vinculado a Profesionais TIC en activo.
  • Valoraránse outras circunstancias e intereses persoais tales como que sexan alumnos quen teñan superado tres cursos dun Grao/Licenciatura.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o postgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 01/06/2021 ao 30/07/2021, tendo en conta que a data límite deberá ter achegado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. Deberán enviar a documentación o seguinte mail info@campusdual.com.

En caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 3.000€, que o alumno poderá satisfacer nun so prazo. 

Pago único: abonarasen 3.000 € do 15/06/2021 ao 30/07/2021

A transferencia realizarase á conta que lle proporcionará a dirección do mestrado. Prégase indicar no concepto: << EEP - Nome e apelidos –Ref. FOR01021>>

BOLSA MATRÍCULA: 

Unha vez matriculados todos os alumnos, valoraránse as solicitudes de beca que cumpran cos requisitos establecidos. Unha vez resolta a decisión de a quen se lles conceden as becas, notificaráselles por escrito e procederase á devolución do 50% da súa matrícula por importe de 1.500€.

 

SOLICITUDE DE BOLSA:

Concederáselle ao 10% do número de alumnos bolsas por un importe do 50% da matrícula, que se poderán solicitar do 15/06/2021 al 30/07/2021.

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran os siguientes requisitos (ambos):

  • Estar inscrito como demandante de emprego no  Servicio Público de Emprego Galego.
  • Estar en situación social ou económica de necesidade especial.

 

No momento de solicitar a bolsa o alumno deberá achegar a seguinte documentación: 

  • Fotocopia do DNI do solicitante e dos demais membros computables da unidade familar.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar (certificado conxunto de convivencia da unidade familiar).
  • Declaración da Renda 2020 da Unidade Familiar (Unidade Familiar: o pai ou a nai ( ou o tutor ou persoa encargada da garda e protección do menor). Estos son os sustentadores principais da familia e a súa renda e patrimonio compútanse ao 100%).
  • Tarxeta de demandante de emprego, se é o caso.
  • Certificado de discapacidade do solicitante da beca, si é o caso.

Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaránse entre aquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego e de aquelas, as que aporte unha declaración da renda con menor ingresos.

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

  1.  DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes : Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo.
  3. C.V. 
  4. Documentación da bolsa, no caso de aplicar:
  • Fotocopia do DNI do solicitante e dos demais membros computables da unidade familar.
  • Certificado de empadroamento da unidade familiar (certificado conxunto de convivencia da unidade familiar).
  • Declaración da Renda 2020 da Unidade Familiar.
  • Tarxeta de demandante de emprego, se é o caso.
  • Certificado de discapacidade do solicitante da beca, si é o caso.​

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 04/10/2021 ó 29/07/2022

Web oficial

https://www.campusdual.com/master-desarrollo-software/

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital

  Datos
Data: Do 04/10/2021 ó 29/07/2022
Horario: 9:00 a 18:00 h
Lugar: A Coruña