VII Curso de Verán Unha nova visión das rutas de peregrinaxe: O Camiño de Santiago e o Xacobeo

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

 

VII Edición do Curso de Verán "Unha nova visión das rutas de peregrinaxe: O Camiño de Santiago e o Xacobeo", encontro de profesionais do sector e  de especialistas que presentarán novas propostas para a renovación e adaptación que deben  afrontar os destinos galegos e produtos turísticos vinculados ao Camiño de Santiago. Dirixido a alumnado ou titulados en Turismo, Socioloxía, ADE, Economía, Xeografía, etc., así como profesionais do turismo, tanto do punto de vista da planificación e xestión de destinos, como das empresas relacionadas coa investigación do mercado, marketing, servizos de consultoría, axencias de viaxes, etc.

 

De xeito específico, imos analizar todos os aspectos derivados do complexo sistema turísitico actual, dende:

  • Proporcionar formación que recoñeza a complexidade do Camiño de Santiago e que aporte, dende unha perspectiva interdisciplinaria os coñecementos necesarios para a súa xestión, dirección e organización. 
  • Aportar información e compartir experiencias sobre a xestión do Camiño por parte de diferentes institucións, asociacións e empresariado.


Galicia conta cun patrimonio cultural, material e inmaterial de primeira orde, posicionándoa como un referente do turismo cultural tanto a nivel nacional como internacional. Nesta liña este curso de verán ofrece un programa formativo que permitirá dotar ao alumnado dun coñecemento moi amplo sobre o tema e tratar dende a perspectiva institucional, asociativa e empresarial do que supón o Camiño de Santiago. É dicir, o curso presenta un enfoque teórico-práctico e conta con expertos académicos nacionais e internacionais así como empresarios e empresarias que proporcionarán unha visión global.

 

INFORMACIÓN

  • Datas de realización: 25 e 26 de xuño de 2021.
  • Lugar: Casino de Noia (Rúa Galicia - 15200 Noia)
  • Horario: De 9:00 a.m. a 20:00 p.m.
  • Número de alumnos: Presencial limitado a 20 personas.
  • Modalidade: Presencial
  • Período de matrícula: Do 7 ao 23 de xuño de 2021
  • Matrícula:
    • ​Xeral: 50€
    • Reducida: 30€  (*)

 

(*) A matrícula reducida aplicarase a membros da comunidade universitaria da UDC e persoas en situación de desemprego. 

 

Datas

Data de celebración: Do 25/06/2021 ó 26/06/2021
Data de matrícula: Do 03/06/2021 ó 23/06/2021

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa Matrícula general: 50,00
Tarifa Matrícula reducida: 30,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

VII Curso de Verán Unha nova visión das rutas de peregrinaxe: O Camiño de Santiago e o Xacobeo

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 25/06/2021 ó 26/06/2021
Horario: Viernes 25 y Sábado 26 de 9:00 a.m. a 20:00 p.m.
Lugar: Casino de Noia (Rúa Galicia - 15200 Noia)