A6. Axudas para a investigación entre profesorado da F.E.E da UDC e Universidades Estranxeiras

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A CÁTEDRA "LUIS FERNÁNDEZ SOMOZA" PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DOS ESTUDOS DE ECONOMÍA Y EMPRESA NA UDC

CONVOCA

A6. Axudas para a investigación entre profesorado da F.E.E da UDC e Universidades Estranxeiras

 
Co obxecto de potenciar a investigación no ámbito da internacionalización a Cátedra L.F.S. ofrece mediante a siguiente convocatoria axudas económicas para a realización de proxectos de investigación dun ano de duración entre profesores da Facultade de Economía e Empresa da UDC e profesores de universidades estranxeiras. Este programa financiase con cargo ao convenio que ten suscrito a UDC a empresa Cartesón.
 
Dotaranse un máximo de 10 axudas, según os fondos disponibles.
Número de axudas concedidas en maio de 2021: 4
Número de axudas concedidas en xuño de 2021: 6
 
  • Requisitos:
    • O proxecto ten que ter dous co-IPs, sendo uns de eles profesor da F.E.E. da UDC e outro co-IP un profesor dunha universidade estranxeira.
    • O equipo de investigación poderá contar con outros membros do equipo aparte dos dous co-IPs.
 
  • Características e condiciones de disfrute
    • O proxecto ten que realizarse no prazo dun ano desde a data da concesión.
    • Como resultado do proxecto terá que entregarse un artigo de investigación fundamentado nos avances do proxecto onde se mencionará a financiación recibida por parte de Cátedra de Internacionalización Luis Fernández Somoza da UDC.
    • As persoas seleccionadas comprométense a mencionar a financiación recibida por parte da Cátedra de Internacionalización Luis Fernández Somoza da UDC se o artigo se publica posteriormente nunha revista/libro.
 
  • Dotación económica
    • As axudas para a realización do proxecto de investigación serán de 1.000€.
    • Desembolsaráse un 50% no momento da concesión e o 50% restante á entrega do artigo de investigación.

 

  • Avaliación das solicitudes
    • A comisión da Cátedra L.F.S. será a  encargada de avaliar e conceder as solicitudes unha vez cumpridos os requisitos reflectidos por orde secuencial de chegada das solicitudes.
 
  • Compensación extraordinaria
    • A Cátedra Luis Fernández-Somoza, no caso de dispoñer de fondos, outorgará unha compensación extraordinaria para aqueles proxectos que desen como resultado un artigo publicado/aceptado nas categorías 1, 2 e 3 do listado máis recente do CNRS.
      • 1. Artigo publicado en revista de C1 (500€)
      • 2. Artigo publicado en revista de C2 (250€)
      • 3. Artigo publicado en revista de C3 (100€)
    • Para a compensación extraordinaria por publicación haberá que entregar copia da carta de aceptación ou ben copia do traballo publicado.
 
  • Formalización das solicitudes
    • A solicitude deberase presentar a través da inscripción na páxina web da Cátedra L.F.S.
    • O prazo para presentar a solicitude manterase aberto durante a existencia dos fondos, facéndose unha resolución o derradeiro día hábil de cada mes ata decembro do 2021.

Documentación a achegar

  • Memoria do proxecto de investigación que incluirá (máximo 5 follas):
    • Título do proxecto.
    • Proposta científica (antecedentes, estado actual e xustificación da proposta).
    • Obxectivos xerais e específicos.
    • Metodoloxía e plan de traballo.
    • Cronograma.
    • Impacto esperado dos resultados.
  • Xustificante da conta bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 30/04/2021 ó 31/12/2021
Data de inscrición: Do 30/04/2021 ó 30/06/2021

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-fernandez-somoza-udc/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

A6. Axudas para a investigación entre profesorado da F.E.E da UDC e Universidades Estranxeiras

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 30/04/2021 ó 31/12/2021
Horario:
Lugar: Oleiros