Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Curso en modalidade non presencial (en liña) de EFP (Español para fins profesionais) dirixido a profesionais ou futuros profesionais de orixe estranxeira que desexen incrementar o seu dominio do español para empregalo en países hispanofalantes, e desenvolverse nunha contorna laboral con certa competencia comunicativa de español orientada cara ao mundo do turismo e hostalaría; xa sexa porque desenvolven o seu labor profesional no sector do turismo ou porque estudan unha especialidade universitaria relacionada co mercado turístico.
O curso pretende desenvolver habilidades neste ámbito específico e adquirir unha maior competencia comunicativa na lingua española. A través do uso de modelos prácticos da área temática, o alumnado poderá aplicar a linguaxe específica aprendida no seu ámbito profesional.
DURACIÓN: 30 horas
O público externo debe achegar o seu DNI / NIE
Non se admite domiciliación bancaria.
Data de celebración: Do 13/04/2021 ó 01/06/2021
Data de inscrición: Do 29/03/2021 ó 07/04/2021
Data de matrícula: Do 29/03/2021 ó 07/04/2021
Tarifa oficial: 160,00 €
Teléfono de contacto: 981-167000 Ext. 4751/4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es
Español para profesionais do turismo