Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Oitava edición dun programa formativo destinado tanto a profesionais como estudantes que queiran coñecer a historia da Teoría Feminista, centrándose nas súas principais autoras e obras, e a súa interrelación coa praxis feminista.
É un curso pioneiro na universidade española como curso especializado, nesta edición ofertaráse un temario máis completo, con sesións monográficas desenvolvidas por relatoras especializadas no ámbito dos estudos feministas galego-nacional-latinoamericano.
Conta co apoio institucional do Instituto da Muller, así como da presidenta da plataforma estatal de Centros e Institutos de Estudos de Xénero e Feminismo da Universidade Española.
Obxectivos:
Dotar a aquelas persoas interesadas dunha base teórica precisa para entender e comprender o significado teórico e político en particular, pero tamén a actualidade e a sociedade no seu conxunto.
Temática:
Este curso recolle toda a tradición intelectual da teoría feminista, desde os seus oríxenes no século XVIII ata os debates actuais no século XXI. É unha reconstrucción xenealóxica de toda a tradición intelectual con toda a súa complexidade intelectual e política. A característica que ten esta edición respecto as anteriores, é que recolle os últimos debates que se produxeron nos últimos trinta anos do feminismo.
DOSSIER COMPLETO Descarga documento
INFORMACIÓN:
*A hora de fin é variable dependendo da sesión, sendo desde as 19:30 ata as 21:30 horas.
As sesións gravaranse para a súa consulta asíncrona.
Data de celebración: Do 11/01/2021 ó 04/05/2021
Data de inscrición: Do 30/11/2020 ó 23/12/2020
Data de matrícula: Do 30/11/2020 ó 23/12/2020
Tarifa oficial: 100,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es