Alemán B2.2

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Este curso de 60 horas está deseñado como unha continuación ao curso  B2.1. Ao acabar o curso os alumnos poderán entender as ideas principais de textos complexos sobre temas tanto concretos como abstractos. Poderán interactuar cun certo grao de fluidez e espontaneidade que posibilitará a interacción normal con falantes nativos sen provocar tensión en ningunha das partes. Así mesmo poderán redactar un texto claro e detallado sobre un amplo abanico de temas e explicar un punto de vista sobre unha cuestión concreta, ofrecendo as vantaxes e as desvantaxes das diversas opcións.

 

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2020/21.

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Créditos

Créditos: 6

Datas

Data de celebración: Do 08/02/2021 ó 12/05/2021
Data de inscrición: Do 01/01/2021 ó 17/01/2021
Data de matrícula: Do 20/01/2021 ó 31/01/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 31/03/2021 ó 05/04/2021

Importes

Tarifa oficial: 180,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 60,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981 16 70 00 Ext. 4751 / 4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Alemán B2.2

  Datos
Data: Do 08/02/2021 ó 12/05/2021
Horario: Os luns e mércores, 16:00 - 18:30 h.
Lugar: A Coruña
Matrícula: 180,00 €