Exercicio físico e envellecemento: Evidencias sobre a efectividade de programas de intervención

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A mellora das condicións de vida e dos servizos de saúde nas sociedades modernas tivo un impacto directo no acelerado incremento da esperanza de vida e polo tanto do número de anos vividos na vellez. Todo iso, unido a uns niveis baixos de natalidade, redundou nun envellecemento progresivo da poboación coa conseguinte aparición de novas problemáticas. A pérdida de funcionalidade ou de saúde fucional en idades avanzadas, esto é, da capacidade para cumprir de maneira autónoma con tarefas cotidiás, leva asociado un incremento da dependencia neste grupo poboacional e consecuentemente unha disminución na súa calidade de vida. Un dos principaies factores de risco de fraxilidade e discapacidade funcional nos maiores é a inactividade física, que determina en gran medida a aparición de deterioro músculo-esquelético e pérdida de masa muscular.

 

Obxectivos

Na presente xornada prestixiosos investigadores nacionais presentarán resultados de proxectos de investigación nos que a efectividade dos programas de exercicio físico na mellora da funcionalidade e a calidade de vida das persoas maiores foron evidenciados. Asimesmo abordaranse estratexias para a optimización da prescrición de exercicio neste tipo de poboación.

 

XORNADA GRATUÍTA!! Se estás interesado inscríbete, prazas limitadas!!!

 

Participarán catro investigadores de prestixio expertos na materia, e participarán ao final dos relatorios nunha mesa de debate, puidendo participar os asistentes formulando preguntas ou comentarios. 

 

PROGRAMA DA XORNADA

 

Dirixido a: 

  • Estudantes de mestrado e doutoramento
  • Profesores universitarios
  • Profesionais do exercicio e da actividade física
  • Profesionais do ámbito sanitario

 

Lugar de celebración:  Virtual.

Expedirase unha certificación acreditativa de asistencia, tras verificar mantemento de conexión ao longo da xornada. 

Datas

Data de celebración: Do 17/12/2020 ó 17/12/2020
Data de inscrición: Do 17/11/2020 ó 16/12/2020

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881012365
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Exercicio físico e envellecemento: Evidencias sobre a efectividade de programas de intervención

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 17/12/2020 ó 17/12/2020
Horario: de 17:00 a 20:00 horas
Lugar: Virtual