Premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvento Sostible, impulsada pola Corporación Hijos de Rivera e a Universidade de A Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais realizar actividades de investigación desde o ámbito universitario que contribúan ao desenvolvemento sostible da nosa sociedade, e, en particular, pretende fomentar modelos innovadores e disruptivos que garantan o equilibrio entre a competitividade económica, o respeto ao medio ambiente e o avance social. 

Por iso convoca a primeira edición do premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC  á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible realizada por doutores obtivesen o seu título da UDC durante os años 2019-2020 mediante a realización dunha tese doutoral nalgunha temática relacionada directamente co desenvolvemento sostible, e que supoña un avance significativo no coñecemento desde campo.

 

DIRIXIDO A

Poderán optar ao premio  todas/os aquelas/es doutoras/es, de cualquer nacionalidade, que defendesen a súa tese doutoral na UDC con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019, obtendo a máxima calificación (Sobresaliente cum laude).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e rematará o 30 de outubro de 2020 ás 24:00 h.

 

PREMIO

Otorgarase un único premio dotado con 5.000 euros para o autor de la tese.

 

CONTACTO

Para calquer dubida ou consulta as persoas candidatas poderán dirixila ao Xurado da Cátedra a dirección de correo electrónico: comunicación@fuac.es.

No site da Cátedra indicado nestas bases detallanse as formas de contactar coa Cátedra.

 

Director da Cátedra HR-UDC de Desenvolvemento Sostible

Ángel S. Fernández Castro

Documentación a achegar

No momento da inscrición(*):

  • Relación de publicacións, comunicacións a congresos e calquer outro tipo de material directamente relacionado coa tese. Indicación individualizada, no seu caso, do cuartil ao que pertencen, o índice de impacto da revista no ano de publicación e o número de citacións.
  • Curriculum vitae.
  • Resumo da tese dun máximo de 4 carillas DinA4.
  • Tese doutoral completa en formato electrónico.

No caso de ser finalista:

  • Texto completo da Tese en formato electrónico

*O tamaño máximo dos documentos pdf é de 10Mb.

 

Datas

Data de celebración: Do 11/09/2020 ó 30/10/2020
Data de inscrición: Do 05/10/2020 ó 30/10/2020

Web oficial

http://www.fundacion.udc.es/catedra-hijosderivera-udc/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Premio Cátedra Hijos de Rivera-UDC á mellor Tese Doutoral en Desenvolvemento Sostible

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 11/09/2020 ó 30/10/2020
Horario:
Lugar: A Coruña