Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
A industria aeroespacial está experimentando un crecente desenvolvemento en Galicia pola expansión das empresas existentes, as iniciativas de clusters empresariais e as actuacións da administración autonómica en favor deste sector industrial, proporcionando emprego de alta calidade e elevado compoñente tecnolóxico. Por iso, é moi importante contar con titulados universitarios que posúan as capacidades requiridas polas empresas galegas.
O obxectivo do mestrado é dotar aos alumnos dos coñecementos máis actuais nos materiais avanzados utilizados en vehículos aeronáuticos ou espaciais, tamén no modelado dixital, análise estrutural e optimización de estruturas aeroespaciais. Todo iso no contexto do estado actual destes medios de transporte, de industria e da súa evolución probable.
A docencia práctica do MIEMA lévase a cabo cos códigos máis modernos de software de enxeñería e realizando ensaios aerodinámicos de modelos reducidos de perfís alares no túnel do vento da Universidade da Coruña.
INFORMACIÓN
- Preinscrición: Do 1 de xullo ao 18 de setembro de 2020.
- Matrícula: Do 7 ao 25 de setembro de 2020.
REQUISITOS DE ACCESO
Para acceder ao mestrado os estudantes deberán reunir, polo menos, un dos seguintes requisitos:
Condicións de acceso específicas
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das siguientes condicións:
1. Ser titulado ou cursar estudos universitarios en:
- Titulacións previas ao marco de Bolonia: Enxeñería Aeronáutica, Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, Enxeñería Naval e Enxeñería Industrial Mecánica e de Organización Industrial.
- Titulacións actuais: Graos de Enxeñería Aeroespacial, de Enxeñería de Obras Públicas, Tecnoloxías da Enxeñería Civil, Construcción, Enxeñería Naval, Enxeñería Mecánica e Tecnoloxías Industriais e Organización industrial.
Dado que o mapa actual de titulacións é moi extenso e imposible de enumerar, plantexase ademáis que os enxeñeiros previos ao actual marco de Bolonia ou os actuais egresados en enxeñería e outras titulacións que acrediten coñecementos nas seguintes materias: álxebra, análise matemático, expresión gráfica, mecánica (estática, cinemática e dinámica), resistencia de materiais e cálculo de estruturas,poden tamén acceder ao mestrado.
No caso de que o número de solicitudes válidas superen as 40 prazas máximas ofertadas aplicaranse os seguintes criterios de forma secuencial:
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o mestrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 1 de xullo ao 18 de setembro de 2020, tendo en conta que o día límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requirida, que se detalla mais abaixo, xunto co Boletín de Preinscrición.
O enlace de preinscrición estará dispoñible a partir do 1 de xullo de 2020.
MATRÍCULA
Despois do proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicarase por correo) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula que teñen un custo de 3.900 euros, o cal o alumno deberá satisfacer nun único prazo.
SOLICITUDE DE BOLSA
Segundo regulamentación da UDC concederánse bolsas de matrícula para o 10% dos alumnos. Adicionalmente existirá unha bolsa patrocinada por GAIN.
En ambos casos a cuantía será do 50% da matrícula e poderá solicitarse do 1 de xullo ao 18 de setembro de 2020, achegando a documentación requirida no momento da preinscrición
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula todos os alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición. Os criterios para a concesión das bolsas serán:
DOCUMENTACIÓN A APORTAR NA PREINSCRICIÓN
DOCUMENTACIÓN A APORTAR NO CASO DE SOLICITAR BOLSA
- Expediente académico (da titulación coa que se accede) con puntuación entre 1 e 10 puntos.
- A experiencia profesional acreditaráse na Carta Dirixida á Dirección Académica que se aporta na preinscrición.
Créditos: 60
Data de celebración: Do 05/10/2020 ó 30/04/2021
Data de inscrición: Do 01/07/2020 ó 25/09/2020
Data de matrícula: Do 07/09/2020 ó 25/09/2020
Tarifa oficial: 3.900,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Mestrado en Enxeñería de Estruturas e Materiais Aeroespaciais