Mestrado en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá 2020-2021

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Matrícula

Pendente de apertura o prazo de matrícula

Información xeral

Segunda edición dun posgrao destinado a titulados universitarios que queiran obter unha formación interdisciplinaria orientada a proporcionar as competencias básicas para realizar as tarefas propias do especialista en Atención Temperá.

Basease nunha perspectiva integral e biopsicosocial, centrada na actividade ubicada e na relación entre o neno/a e os seus contextos de vida, incluíndo á familia, á escola e á comunidade.

É un título propio da Universidade da Coruña.

 

 

DATAS DE IMPARTICIÓN:  Do 9 de outubro ao 26 de xuño de 2021.

 

 

PERÍODOS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA:

  • Preinscrición:  Do 1 de xullo al 10 de xullo de 2020. (Vaise abrir un segundo prazo de inscrición ata compretar as prazas dispoñibles)
  • Listaxe de admitidos: 13 de xullo.
  • Reclamacións: 17 de xullo.
  • Listaxe definitiva: 19 de xullo.
  • Matrícula:  do 20 ao 31 de xullo de 2020. No caso de non cubrir as prazas, ofertaranse as dispoñibles ata o inicio do curso.

 

HORARIOS:  

Venres tarde e sábado mañá dúas veces ao mes ata completar 171,5 horas (presenciais)

Venres tarde en seción online dúas veces ao mes ata completar 108,5 horas (online)

98 horas presenciais de prácticas en centros de Atención Temprana (datas e horarios a convir)

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ter unha titulación de grao, diplomatura e/ou licenciatura, de entre as seguintes:

-Medicina, Enfermería, Fisioterapia, Terapia ocupacional, Logopedia, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Maxisterio, Traballo Social, Educación Social.

 

 PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 01/07/2020 ao 10/07/2020  tendo en conta que o día límite deberán ter achegado a totalidade da documentación requerida e que se detalla mais abaixo.

No caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicarase por mail) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.900 €, que o alumno poderá satisfacer nun ou en dous prazos:
 

- Pago único: Aboaránse 2.900€ do 20 ao 31 de xullo de 2020.

- Pago aplazado: Aboaránse nun primer prazo  1.740€ do 20 ao 31 de xullo de 2020.

                                        Aboarase nun segundo prazo 1.160€ do 15 ao 31 de xaneiro de 2021.


A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

BOLSAS DE MATRÍCULA:

A UDC concederá un máximo de 2 bolsas de matrícula por un importe do 50% da matrícula. Unha vez concedida a bolsa, o alumno deberá efectuar un so pago de 1.450€ en concepto de matrícula, polo que se procederá a devolver o importe que ingresou de máis.

 

SOLICITUDE DE BOLSA:

Solicitarase xunto coa preinscrición.

A selección dos candidatos efectuarase por parte da Comisión de Coordinación Académica do Mestrado.

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos (ambos):

  • Deberán estar en situación de desemprego, acreditándose mediante informe da vida laboral ou documentación pertinente do INEM.
  • Que non disfrutaran nos dous últimos anos dunha bolsa nos cursos de posgrao ofertados na UDC, por concesión da UDC ou  doutra institución coa mesma finalidade

Para a adxudicación das bolsas a Comisión Académica ordenará as solicitudes tendo en conta a puntuación obtida de acordo ó seguinte baremo

  • Concederanse dous puntos por cada un dos tres últimos anos de estudos de grao nos que o alumno obtivera bolsas de convocatoria xeral e/ou mobilidade de primeiro ou segundo ciclo do Ministerio de Educación, Cultura e deportes. Ata un maximo de 6 puntos.
  • Concederanse catro puntos en función da nota media do expediente académico do título co que accede ao posgrao, modificado polo R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e oi sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.

 

MODALIDADE:  Semipresencial.

 

CRÉDITOS: 60

 

AVALIACIÓN:

Para superar o mestrado será necesaria a asistencia ao 80% das clases totales: a realización das prácticas e a elaboración da correspondiente memoria e a realización do traballo de fin de mestrado que deberá superar a súa defensa pública. Poderase formular a entrega de traballos e casos de carácter obligatorio ou voluntario.

 

LUGAR: Aulas da Facultade de Ciencias da Educación. Universidad de A Coruña.

 

Nº ALUMNOS: Mínimo 18, Máximo 25.

 

INFORMACIÓN, PREINSCRICIÓN E MATRÍCULAS:

Fundación Universidade da Coruña (FUAC). Paseo de Ronda, 47, 2º. 15011 A Coruña

Persoa de contacto: Isabel Varela Tel: 881 014 458 E-mail: i.varelac@fuac.udc.es

https://masteratenciontemprana.org/                                             www.fundacion.udc.es

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

1- DNI,  pasaporte (para estranxeiros) ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
2- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:

  • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título, certificado de homologación de titulacion estranxeira. (no caso de non estar homologado deberá achegar copia do titulo e certificacion dos estudos universitarios) 

3- C.V. 

4- Expediente académico.

5.-Documentación da bolsa, no caso de aplicar.

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 09/10/2020 ó 26/06/2021
Data de inscripción: Do 01/07/2020 ó 30/07/2020
Data de matrícula: Do 20/07/2020 ó 07/08/2020
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 15/01/2021 ó 31/01/2021

Web oficial

https://masteratenciontemprana.org/

Importes

Tarifa oficial: 2.900,00
Tarifa 1º plazo matricula: 1.740,00
Tarifa 2º plazo matrícula: 1.160,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá 2020-2021

  Datos
Data: Do 09/10/2020 ó 26/06/2021
Horario: Viernes (ocasionalmente) de 17:00 a 20:30 y Sábados (regularmente) de 9:30 a 13:30 y de 15:00 a 18:00
Lugar: Facultad de Ciencias de la Educación-UDC
Matrícula: 2.900,00 €