XVII Xornadas Prof. Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano

Inscrición

Solicitar inscrición

Matrícula

General 500,00  €

Información xeral

XVII Xornadas Prof. Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano

Novas tecnoloxías e dereito administrativo: a encrucillada do século XXI

 

Edición dun programa formativo destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer o Dereito Administrativo Iberoamericano.

 

O curso está especialmente configurado para alumnos iberoamericanos vinculados á rama das ciencias xurídicas e sociais.

 

As XVII Xornadas Prof.  Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano teñen como eixo temático as "Novas tecnoloxías e dereito administrativo: a encrucillada do século XXI". Incluiremos as cuestións de maior actualidade, interese e controversia nos distintos ordenamentos iberoamericanos en relación coa temática das Xornadas, coa finalidade da súa posta en común e de xerar expectativas para un futuro esperanzador no estudo e a aplicación do Dereito Público e a Boa Administración.

 
 
DATOS DE INTERESE
 
  • Datas de celebración: do 4 ao 8 de maio de 2026. 
  • Lugar: Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña) e Facultade de Dereiro (Campus de Elviña) -A Coruña.
  • Horario: de 9:30h a 14:00h e de 16:00h a 19:30h.
  • Modalidade: Presencial.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Período de preinscrición: do 17 de novembro de 2025 ao 27 de marzo de 2026 (prazo improrrogable).
    • Período de matrícula: do 17 de novembro de 2025 ao 27 de marzo de 2026 (prazo improrrogable).
  • Matrícula: 500€.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición os/as alumnos/as admitidos/as deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. 
 
O enlace de pagamento estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula. 
 
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos/as previsto, o criterio de selección farase atendendo a indicacións do director. Sendo os criterios específicos os seguintes:
 
  1. Terán preferencia os/as alumnos/as con titulación universitaria en Dereito e Ciencias Sociais das Universidades convidas no Programa de Doutoramento DAI.
  2. Currículo profesional vinculado á titulación en Dereito, tanto no ámbito da docencia universitaria como no exercicio profesional.
  3. Realizar previamente o mesmo curso en anteriores edicións.
  4. Valoraranse outras circunstancias e intereses persoais tales como a vinculación académica e profesional co Dereito Administrativo Iberoamericano.
 
COMUNICACIÓNS

As persoas asistentes poderán presentar comunicacións relacionadas co tema do evento entre o 17 de novembro de 2025 e o 24 de abril de 2026, que serán remitidas unicamente ao correo electrónico da Subdirección: maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es, acusaráselle acuse o recibo dos textos. 

 
As comunicacións, que terán unha extensión máxima de 10 páxinas (tipo de letra Arial, 12 puntos, con interlineado sinxelo), adaptaránse ao seguinte formato: 
• Título do traballo, en español e inglés.
• Nome e apelidos do/a autor/a, indicando a súa posición académica e universidade de orixe.
• Breve resumo, en español e inglés.
• Palabras chave, máximo 5, en español e inglés.
• Sumario.
• Corpo do traballo.
• Bibliografía, seguindo a citación APA 7ª.  
 
O Comité Científico seleccionará as comunicacións que serán presentadas oralmente, podendo rexeitar un traballo sen necesidade de proceder á súa avaliación, cando considere que non se adapta ás normas, tanto formais como de contido, ou non se adecúa ao perfil temático do Congreso.

No proceso de revisión participarán, polo menos, dous membros do Comité Científico, recorrendo a un terceiro no caso de que fose necesario; e en todo momento manterase o anonimato tanto das persoas encargadas da autoría do traballo como da revisión do mesmo.

De igual maneira, o Comité Científico seleccionará as comunicacións que serán publicadas posteriormente no libro de actas correspondente
 
INFORMACIÓN DE CONTACTO
  • Dirección
Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz
Catedrático de Dereito Administrativo da UDC

 

  • Subdirección

Dra. María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo 

E-mail: maria.rodriguez.martin-retortillo@udc.es​              

   

  • Secretaría                  

Dra. Alberta Lorenzo Aspres

E-mail: alberta.lorenzo.aspres@udc.es

 

  • Inscrición e matrícula:

Isabel Varela

Teléfono: 881014458

E-mail: i.varelac@fuac.udc.es

 

Datas

Data de celebración: Do 04/05/2026 ó 08/05/2026
Data de inscrición: Do 17/11/2025 ó 27/03/2026
Data de matrícula: Do 17/11/2025 ó 27/03/2026

Web oficial

https://jornadasdai.com/

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa General : 500,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

XVII Xornadas Prof. Meilán Gil de Dereito Administrativo Iberoamericano

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 04/05/2026 ó 08/05/2026
Horario: de 9:30h a 14:00h y de 16:00h a 19:30h
Lugar: Pazo de Mariñán. y Facultad Derecho UDC
Solicitar inscrición