VII Premios Cátedra R en Ciberseguridade UVIGO-UDC

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra R en Ciberseguridade creouse en Decembro de 2018 en colaboración coas Universidades de Vigo e da A CoruñaÉ a primeira cátedra interuniversitaria galega.

 

Un dos obxectivos da Cátedra é o impulso de actividades que permitan crear espacios de debate e difusión das actividades docente e investigadora do ámbito da ciberserguridade.

 

A Cátedra organiza os premios aos mellores traballos académicos e de investigación no ámbito da ciberseguridade.

 

Datas de interés

Presentación de candidaturas: ata o 28 de outubro de 2025.

 

Poderán concurrir ao premio os traballos de:

  • Fin de Grao (TFG)(*).
  • Fin de Máster (TFM)(*).
  • Tese Doutoral(*).
  • Traballos de investigación e transferencia en colaboración coa empresa(** ).

*Traballos desenvolvidos e defendidos durante os cursos académicos 2023-2024 e 2024-2025 nas Universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia e que non concursasen xa en previas convocatorias destes mesmos premios.

**Traballos realizados por IP's baixo a financiación pública específica deste tipo ou ben mediante contrato directo de colaboración entre a empresa e un equipo de investigación das Universidades públicas ou centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia, iniciado oficialmente non antes do 1 de setembro de 2023.

 

Premios:

Establécense un total de 6 premios:

  • 2 premios ao TFG (400€ cada un).
  • 2 premios ao TFM (600€ cada un).
  • 1 premio ao traballo de investigación da Tese Doutoral (800€).
  • 1 premio ao traballo de investigación en colaboración coa empresa (800€).​

Os premios estarán suxeitos á retención fiscal correspondente.

 
Bases da convocatoria

Documentación a achegar

Documentación a aportar(*):

  • Resumen do traballo presentado e xustificación da adecuación do traballo á convocatoria (máximo 1.000 palabras).
  • Impacto do traballo presentado (repercusión, publicacións, ...).
  • Memoria do traballo presentado.

*Débese achegar nun único arquivo en formato pdf.

Datas

Data de celebración: Do 05/11/2025 ó 07/11/2025
Data de inscrición: Do 17/10/2025 ó 28/10/2025

Web oficial

https://catedrarciberseguridade.com/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

VII Premios Cátedra R en Ciberseguridade UVIGO-UDC

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 05/11/2025 ó 07/11/2025
Horario:
Lugar: A Coruña