Taller Como preparar contratos de recollida de residuos municipais

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

O obxectivo deste taller é capacitar aos participantes na preparación de contratos públicos de xestión de residuos, incorporando principios de economía circular e sostenibilidade. Abordarase a normativa vixente da UE, estratexias de contratación circular e exemplos de boas prácticas.

 

Metodoloxía

O taller desenvolverase mediante sesións online síncronas, que se levarán a cabo a través da plataforma TEAMS. Deseñouse unha metodoloxía combinada para asegurar unha comprensión profunda e práctica dos contidos: 

  • Explicación sistemática e didáctica: Os conceptos básicos presentaranse de maneira clara e estructurada, destacando as implicacións prácticas da normativa.
  • Participación activa: Fomentarase a interacción dos asistentes, permitindo preguntas e discusións en tempo real.
  • Gamificación: Implementaranse actividades lúdicas para repasar e consolidar os coñecementos adquiridos.
  • Píldoras de coñecemento: Videos curtos (aproximadamente 2 minutos) que resumen as ideas principais de cada sesión, facilitando unha comprensión rápida e concisa dos temas tratados.
  • Tutoría dinamizada: Cada sesión finalizará cun espacio de tutoría onde os alumnos poderán plantexar as súas dúbidas e compartir a súas experiencias.


Destinatarios

  • Responsables políticos e técnicos da Adminitración pública estatal, autonómica e local.
  • Postos de dirección e xestión de empresas e entidades públicas que queiran ter unha visión do marco normativo dos residuos.
  • Avogados.
  • Técnicos e profesionais de sectores afectados pola normativa de responsabilidade ampliada do produtor.
  • Outros axentes públicos e privados implicados na xestión e aplicación da normativa de residuos e economía circular.

 

Materiais Didácticos

 

Para asegurar un aprendizaxe óptimo, todos os alumnos recibirán:

  • Presentacións utilizadas polos relatores: Material visual complementario ás explicacións dadas.
  • Test de autoavaliación: Probas en lña que os alumnos poderán realizar de forma autónoma para medir a súa comprensión dos temas.
  • Recursos complementarios: Lecturas adicionais e sentencias de referencia para profundar na materia.

As sesións grabaranse e estarán dispoñibles para aqueles que non poidan asistir en directo, garantindo que todos os alumnos teñan acceso ao contido completo do taller.

 

Profesorado

J. José Pernas García.- Profesor titular de Dereito administrativo da Universidad de A Coruñam, investigador permanente de ECOBAS, Coordinador de FIREC, coordinador de FOGALEC, membro do Observatorio de Cotratación Pública e membro do Observatorio de Políticas Ambientales.

Joseba Sánchez Rodríguez.-Jefe de la Unidad de Gestión de Residuos del Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz

 

Custo

90 euros

Desconto de 30% (custo taller 63,00€) para estudantes, desempregados e entidades públicas ou privadas con convenio de colaboración coa aula (actualmente membros da Federación Galega de Municipios e Provincias). Deberase aportar na inscripción o xustificante correspondente para a aplicación do desconto (matrícula, tarjeta desempleo, etc..)

Inscrición múltiple: 210,00 euros no caso de inscribirse e matricularse a tres cursos de 3 horas cada un; ou dous cursos de 3 horas e outros de dous de 2 horas. 

Datas

Data de celebración: Do 13/02/2025 ó 13/02/2025
Data de inscrición: Do 03/12/2024 ó 06/02/2025
Data de matrícula: Do 03/12/2024 ó 06/02/2025

Web oficial

https://ec-ius.com/

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 90,00
Tarifa Matrícula con descuento: 63,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Taller Como preparar contratos de recollida de residuos municipais

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 13/02/2025 ó 13/02/2025
Horario: de 9:00 a 12:00 horas
Lugar: Online sincorna/asíncrono
Matrícula: 90,00 €