Formación

III Congreso Nacional - I Congreso Internacional de Seguridade, Emerxencias e Socorrismo: A Calidade dende a primeira intervención

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral do curso

“III CONGRESO NACIONAL – I CONGRESO INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, EMERXENCIAS E SOCORRISMO: A CALIDADE DENDE A PRIMEIRA INTERVENCIÓN”ten como eixo central a formación actualizada para a primeira intervención en situacións de emerxencia nas que se requira a participación dos servizos de seguridade e socorrismo.

Presentaranse novidades interesantes, tanto a nivel teórico como práctico, nas que insistirase na calidade dende a primeira intervención, coma unha obrigación dos profesionais de seguridade, emerxencias e socorrismo. Cunha metodoloxía participativa ofreceranse relatorios, obradoiros prácticos en piscina e mar, e diversas experiencias con aplicacións prácticas directas.

Os/as poñentes e profesores/as que participarán no Congreso son dun gran nivel académico e profesional, cun amplo historial en investigacións, publicacións e intervencións en todo tipo de actividades profesionais e formativas.

Celebración do 31 de marzo do 2017 ao 2 de abril de 2017 en Barcelona.

OBRIGATORIO CUBRIR O BOLETÍN DE INSCRICIÓN ANTES DE REALIZAR O PAGO DE MATRÍCULA E APORTAR A DOCUMENTACIÓN NECESARIA.

Datas de inscrición e matrícula: do 9 de novembro de 2016 ao 27 de marzo de 2017.

Cotas do Congreso: * NON SE ADMITEN PAGOS POR DOMICILIACIÓN

Ata 31 de xaneiro de 2017:

Cota xeral – 150 €

Cota con desconto – 100 € (*)

(*) Pódese acoller (deben subir en PDF a copia do xustificante acreditativo na inscrición que deben cubrir previamente ao pago):

* Estudantes universitarios e de ciclos formativos de grao superior.

* Colexiados/as en Educación Física e colexiados/as en profesións sanitarias.

* Residentes en Baleares (presentando inscrición a través de Messocorrisme) e residentes en Canarias.

 

Dende o 1 de febreiro de 2017:

Cota xeral– 200 €

Cota con desconto– 130 €  (*)

(*) Pódese acoller (deben subir en PDF a copia do xustificante acreditativo na inscrición que deben cubrir previamente ao pago):

* Estudantes universitarios e de ciclos formativos de grao superior.

* Colexiados/as en Educación Física e colexiados/as en profesións sanitarias.

* Residentes en Baleares (presentando inscrición a través de Messocorrisme) e residentes en Canarias.

 

INSCRICIÓN EN OBRADOIROS

 

- Hai 6 obradoiros en PISCINA e 7 obradoiros no MAR. Os de PISCINA  repítense 2 veces e os de MAR 3.

- O número máximo de obradoiros nos que cada participante pode inscribirse son: 2 en PISCINA e 3 en MAR.Deben elixilos no momento de facer a inscrición.

- Hai un número máximo de prazas por obradoiro: 25 para os de PISCINA e 20 para os de MAR. Pero ao repetirse 2 e 3 veces quedarían: 50 prazas para cada obradoiro de PISCINA e 60 prazas para cada obradoiro do MAR.

- A asignación de prazas en cada obradoiro vaise facendo según se reciben ás inscricións, pero por rigorosa orde de inscrición, de tal forma que cando un obradoiro completa as súas prazas péchase a posibilidade de que alguén se poida inscribir no mesmo e se debe apuntar nos que todavía teñen prazas libres.

 

Obradoiros na Piscina

 - “Xestión de estados internos a través do ‘Mindfulness’ aplicado ao Socorrismo Acuático”.

 - “Soporte Vital Básico en instalacións acuáticas”. 

- “A simulación clínica no socorrismo. Mellorar habilidades baseadas no adestramento”. 

- “Preparación física en socorrismo acuático en instalacións acuáticas”. 

- “Técnicas de control de persoas no medio acuático”. 

- “Extracción en instalacións acuáticas (con e sen posible lesión medular)”.

 

Obradoiros no Mar 

- “Intervención acuática ante afogamentos e incidentes traumáticos e conexión co sistema de emerxencias”. 

- “Soporte Vital Básico en accidentes de mergullo”. 

- “Soporte Vital Básico Instrumental en espazos acuáticos naturais”. 

- “Técnicas de rescate con táboa AIRSUPRA”. 

- “Técnicas de rescate con embarcación”. 

- “Técnicas de rescate con moto acuática”. 

- “Preparación física en socorrismo acuático en praias”.

Datas

Data de celebración: Do 31/03/2017 ó 02/04/2017
Data de inscripción: Do 09/11/2016 ó 30/03/2017
Data de matrícula: Do 09/11/2016 ó 30/03/2017

Documentación anexa

Descargar documento do curso

Importes

Tarifa Matrícula General: 200,00
Tarifa Matrícula con descuento (*): 130,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: sisanchez@correo.udc.es

Comparte esta información

III Congreso Nacional - I Congreso Internacional de Seguridade, Emerxencias e Socorrismo: A Calidade dende a primeira intervención

  Documentación anexa
Descargar documento do curso
  Datos do curso
Data: Do 31/03/2017 ó 02/04/2017
Horario:
Lugar: Barcelona