Protugués para Turismo

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Formalizar matrícula 80,00  € Formalizar matrícula a prazos 40,00  €

Información xeral

O curso de Portugués para Turismo diríxese ao alumnado da titulación de grao que pretenda desenvolver competencias comunicativas nunha lingua estranxeira relacionada coa súa área de estudos.

O curso ten unha metodoloxía comunicativa, baseada na simulación de situacións concretas. Presentaranse documentos e actividades do campo profesional específico, terminoloxía e recursos prácticos a fin de confrontar o alumnado con situacións reais próximas ao seu futuro laboral.

Centrarémonos nas tipoloxías do turismo, na oferta do mundo da hostalaría, nas estratexias de marketing, atendemento ao público...

Entre outros asuntos, faremos unha aproximación ao territorio, á cultura, ao patrimonio artístico, gastronómico, enolóxico etc., para que o estudantado teña un coñecemento sólido e útil no seu futuro profesional.

Documentación a achegar

Os estudantes da UDC deben xuntar a fotocopia da matrícula universitaria do curso 2020/21

Os PDI e PAS da UDC deben xuntar a fotocopia da tarxeta universitaria.

O público externo debe achegar o seu DNI.

Non se admite domiciliación bancaria.

Datas

Data de celebración: Do 11/02/2021 ó 06/05/2021
Data de inscripción: Do 01/01/2021 ó 17/01/2021
Data de matrícula: Do 20/01/2021 ó 31/01/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/03/2021 ó 05/03/2021

Importes

Tarifa oficial: 80,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 40,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 981-167000 Ext. 4751/4752
Enderezo electrónico: centrodelinguas@udc.es

Comparte esta información

Protugués para Turismo

  Datos
Data: Do 11/02/2021 ó 06/05/2021
Horario: Xoves, 12:00 a 14:30
Lugar: CORUÑA
Matrícula: 80,00 €