A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sustentable crease en febreiro de 2019 e regula a colaboración entre a Universidade da Coruña e Corporación Hijos de Rivera co fin de fomentar o intercambio de experiencias no campo da docencia, a investigación e a cultura en xeral. A iniciativa responde o compromiso coa nosa contorna e a forte vinculación da compañia coa agricultura, orixe do 100% das materias primas dos seus produtos.
A cátedra adscribirase á Facultade de Economía e Empresa da UDC e o Campus de Sustentabilidade, para o adecuado desenvolvemento dos seus fins.
O obxectivo principal da Cátedra é explotar modelos innovadores e disruptivos que garanten o equilibrio entre a competitividade económica, o respeto ao medio ambiente e o avance social. A idea é facilitar á comunidade universitaria, e a sociedade, unha visión analítica sobre a importancia estratéxica de acadar un desenvolvemento socioeconómico compatible co medio ambiente.
Todo iso levarase a cabo a través de actividades de investigación, encontros entre diferentes actores interesados, seminarios sobre experiencias e modelos de transformación socioeconómica, así como propostas de formación e divulgación relacionadas co desenvolvemento sostible.

A Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible colabora por sétimo ano consecutivo na edición do curso “A economía circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 12”, que terá lugar na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña os días 14, 21 e 28 de novembro de 2025.

A Cátedra Hijos de Rivera–UDC de Desenvolvemento Sostible leva desde o ano 2019 traballando coa Fundación Galicia Sostible no Concello da Laracha sobre modelos baseados nos principios da agricultura sintrópica para a rexeneración de chans.
