PRESENTACIÓN



No mes de setembro de 2018 a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña, poñen en marcha a Cátedra SXD Galicia Activa, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura xeral.

A Cátedra SXD Galicia Activa ten como obxecto fundamental:

1. Favorecer a divulgación dos beneficios da adopción de estilos de vida físicamente activos entre a poboación galega.
2. Contribuir á formación de profesionais cualificados para incrementar os estilos de vida físicamente activos.
3. Fomentar a investigación e transmision de coñecementos en materia de actividade física como instrumento para a prevención das enfermidades crónicas non transmisibles e dos seus factores de risco.
4. Asesorar na implementación, o seguimento e a avaliación das medidas do Plan Galicia Saudable (PGS) e no establecemento de prioridades de intervención.
5. Levar a cabo tarefas de investigación relacionadas coas medidas de PGS e de observación das conductas sobre actividade física e sedentarismo da poboación galega.

 

ACTUALIDADE

VII Xornada sobre o papel da condición física relacionada coa saúde no currículo escolar

O próximo 17 de outubro de 2026, en horario de 8:45 a 14:45 horas, terá lugar a VII Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa, que leva por título «O papel da condición física relacionada coa saúde no currículo escolar», no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura, Auditorio 2, en Santiago de Compostela. As persoas interesadas poderán inscribirse de maneira gratuíta ata o 13 de outubro de 2026, ou ata completar o aforo a través do seguinte enlace (pica aquí). As prazas serán limitadas e asignaranse por orde de inscrición.

Ler máis

VI xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: Exercicio Físico e Cancro

O próximo 22 de novembro de 2025 e en horario de 9:45 a 18:30 horas, terá lugar a VI Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "Exercicio Físico e Cancro" no Hotel NH Collection Santiago de Compostela en Santiago de Compostela. 

Ler máis

V xornada da Cátedra SXD Galicia Activa: A saúde no deporte de alto nivel

O próximo 18 de outubro de 2025 e en horario de 9:00 a 14:30 horas, terá lugar a V Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "A saúde no deporte de alto nivel" no Hotel Oca Porta do Camiño en Santiago de Compostela. 

Ler máis

INSCRICIÓN

VII Xornada: Condición física e saúde no currículo escolar

📅 17 de outubro de 2026
🕘 8:45–14:45 h
📍 Cidade da Cultura, Auditorio 2 – Santiago de Compostela
👥 Modalidade presencial
🎟️ Gratuíta, con inscrición previa
⏳ Inscrición ata o 13 de outubro ou ata completar aforo
Obxectivo: Reflexionar sobre o papel da condición física relacionada coa saúde na Educación Física, compartindo investigacións, experiencias e boas prácticas educativas.
Contidos:
     -A importancia dunha boa condición física para a saúde desde idades temperás.
     -Como se traballa a actividade física e a saúde en Primaria e Secundaria.
     -A alimentación e os hábitos de vida saudables na contorna escolar.
     -Programas e iniciativas para mellorar e controlar a condición física do alumnado en Galicia.
     -Experiencias e boas prácticas que xa se están levando a cabo nos centros educativos.
Dirixido a: profesorado, estudantado universitario, profesionais da actividade física e persoas interesadas.
Organizan: Cátedra SXD Galicia Activa, Xunta de Galicia e Performance and Health Group (UDC).
📜 Expedirase certificación de asistencia.





 

Próximos eventos:

  • 17/10/2026: VII Xornada O papel da condición física relacionada coa saúde no currículo escolar

Últimos eventos:

  • 22/11/2025: Xornada Exercicio físico e cancro
  • 18/10/2025: Xornada A saúde no deporte de alto nivel
  • 15/10/2025: Fin inscrición para a xornada A saúde no deporte de alto nivel
  • 22/09/2025: Inicio inscrición para a xornada A saúde no deporte de alto nivel
  • 23/11/2024: Xornada Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital




DOCUMENTACIÓN



DESCARGAR Convenio entre a Universidade da Coruña e a Fundación Deporte Galego
DESCARGAR Exercicio, actividade e condición física en tempos da Covid-19
DESCARGAR Decálogo exercicio e actividade física en tempos da Covid-19
DESCARGAR A Acción DAFIS do Plan Galicia Saudable: unha ferramenta para o rexistro da condición física relacionada coa saúde en escolares_evento 7-9 novembro 2019
DESCARGAR Póster Estudo da condición física relacionada coa saúde en escolares de Galicia a través da ferramenta DAFIS_evento 7-9 novembro 2019
DESCARGAR Programa VII Xornada O papel da condición física relacionada coa saúde no currículo escolar_17.10.2026
DESCARGAR Programa VI xornada 'Exercicio Físico e Cancro'_22.11.25
DESCARGAR Programa V xornada "A saúde no deporte de alto nivell"_18.10.2025
DESCARGAR Programa xornada "Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital"

FINANCIAMENTO



O acordo entre a Universidade da Coruña e Fundación Deporte Galego ten unha duracion inicial de 3 anos.

 

 

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTA CON NÓS





Cátedra SXD Galicia Activa
Facultade de Ciencias do Deporte e la Educación Física-UDC
Avenida Ernesto Che Guevara, 121, 15179 Oleiros, A Coruña
E-mail: comunicacion@fuac.es