No mes de setembro de 2018 a Secretaría Xeral para o Deporte a través da Fundación Deporte Galego e a Universidade da Coruña, poñen en marcha a Cátedra SXD Galicia Activa, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura xeral.
A Cátedra SXD Galicia Activa ten como obxecto fundamental:
1. Favorecer a divulgación dos beneficios da adopción de estilos de vida físicamente activos entre a poboación galega.
2. Contribuir á formación de profesionais cualificados para incrementar os estilos de vida físicamente activos.
3. Fomentar a investigación e transmision de coñecementos en materia de actividade física como instrumento para a prevención das enfermidades crónicas non transmisibles e dos seus factores de risco.
4. Asesorar na implementación, o seguimento e a avaliación das medidas do Plan Galicia Saudable (PGS) e no establecemento de prioridades de intervención.
5. Levar a cabo tarefas de investigación relacionadas coas medidas de PGS e de observación das conductas sobre actividade física e sedentarismo da poboación galega.
O próximo 18 de outubro de 2025 e en horario de 9:00 a 14:30 horas, terá lugar a V Xornada da Cátedra SXD Galicia Activa que leva por título "A saúde no deporte de alto nivel" no Hotel Oca Porta do Camiño en Santiago de Compostela.
Os profesores da Facultade de Educación Física e Deportiva da Universidade da Coruña e codirectores da Cátedra SXD Galicia Activa, Eliseo Iglesias Soler e Manuel Avelino Giráldez García, falan sobre os beneficios dos adestramentos de pesas para o crecemento en mozos sempre que se fagan baixo a supervisión dun profesional da saúde e individualícense as sesións, no artigo publicado por Quincemil o 24 de setembro de 2024. Le aquí a noticia completa
A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu o sábado, 23 de novembro de 2024 a xornada 'Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital', organizada pola Xunta de Galicia e a Cátedra SXD Galicia Activa da UDC, no marco do proxecto PID2021-124277OB-I00, financiado por MICIU/ AEI/10.13039/501100011033 e por FEDER (UE).
Xornada "A saúde no deporte de alto nivel"
Esta xornada está organizada pola Cátedra SXD Galicia Activa, en colaboración coa Xunta de Galicia, e ten como obxectivo profundar no papel da saúde física e mental como piares fundamentais no rendemento deportivo de alto nivel.
A xornada profundará no impacto que as lesións teñen na carreira profesional dos deportistas de élite, así como nos desafíos psicolóxicos que enfrontan en contornas de máxima esixencia. Contará coa participación de expertos de alto prestixio, estreitamente vinculados ao deporte profesional, que compartirán non só os seus coñecementos, senón tamén unha perspectiva práctica e especializada baseada na súa experiencia directa no alto rendemento. Ademais, celebraranse dúas mesas redondas. Unha delas estará centrada na saúde física e outra na saúde mental, reunindo así os testemuños de deportistas e profesionais do ámbito, e na que os asistentes poderán formular preguntas e/o comentarios.
Contaremos cos seguintes relatores:
Carlos Lalín. Presentará o relatorio I: A saúde física do deportista de alto nivel: perfil lesional.
Isabel Balaguer. Presentará o relatorio II: A saúde mental no deportista de alto nivel.
XORNADA GRATUÍTA!! Se estás interesado inscríbete, prazas limitadas!!! (pica aquí)
PROGRAMA DA XORNADA (consulta aquí)
Dirixido a:
-Estudantes de máster e doutoramento.
-Profesores/-as universitarios/-as.
-Profesionais do exercicio e da actividade física.
-Federacións e clubes: adestradores/as e deportistas
-Cluster e Centros deportivos
-Agaxede
-Colef
-Colegio de psicoloxía
-Profesionais do ámbito sanitario.
-Público en xeral interesado en asistir.
Día de celebración: sábado, 18 de outubro de 2025
Lugar de celebración: Hotel Oca Puerta del Camino, Santiago de Compostela
Horario: de 9:00h a 14:30h
Modalidade: Presencial
Inscrición: ata o 15 de octubre de 2025 ata as 13:00h (ou ata completar aforo).
*Aforo limitado. As prazas asignaránse por orde de inscrición.
Expediráse certificación acreditativa de asistencia.
O acordo entre a Universidade da Coruña e Fundación Deporte Galego ten unha duracion inicial de 3 anos.