No mes de xullo de 2021 nace a Cátedra Vegalsa-Eroski de compromiso social, comunicación e reputación corporativa, co obxectivo de contribuir ao benestar e á mellora da nosa sociedade a través de actividades de educación e divulgación, de investigación e de aplicación do coñecemento.
Tras máis dun ano de pandemia global e ante os retos recollidos pola Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, este proxecto de colaboración pretende sumar a súa aportación ao servizo da mellora da vida das persoas e do planeta.
No corazón da Cátedra Vegalsa-Eroski UDC atópase unha filosofía clara: a importancia da comunicación con conciencia, unha comunicacion responsable e con valores, que axude á creación dunha contorna máis sustentable e dunha sociedade máis comprometida.
A partir deste núcleo central, a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC desprega tres liñas de actividade fundamentais:
a) Contribuir á promoción da saúde da xuventude así como do conxunto da sociedade, a través de iniciativas de divulgación, investigación e formación en hábitos saudables;
b) Contribuir á educación ambiental da xuventude así como do conxunto da sociedade, a través de accións de sensibilización hacia o coidado da contorna e dun consumo sostible;
c) Fomentar a divulgación da comunicación con conciencia como ferramenta estratéxica relacional das organizacións no contexto actual.
Pretendemos ser un foro de referencia para a reflexión da sociedade nun contexto de pandemia global con consecuencias a nivel sanitario, económico e social e chegar a ser un polo de referencia a nivel autonómico e estatal sobre comunicación, saúde e sustentabilidade.

A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa organiza o curso “Estratexias de Comunicación Dixital para o Desenvolvemento Sostible e o Impacto Social”, unha actividade formativa orientada a capacitar ao alumnado e ás persoas interesadas na aplicación da comunicación dixital como ferramenta de transformación social e impulso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) o 23 e 24 de abril de 16:00 a 21:00h na Facultade de Comunicación da UDC. Máis información e inscricion no seguinte enlace [pica aquí].

A publicación forma parte dunha colección editorial que estará composta por 17 títulos centrados na contribución da comunicación a cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), dirixida pola directora da Cátedra e investigadora da UDC, Carmen Costa, e publicado pola Editorial UOC. A obra está dedicada ao ODS número 3, saúde e benestar, baixo a autoría de Daniel Catalán, catedrático de Xornalismo na Universidade Carlos III de Madrid. Esta mañá tivo lugar a presentación pública do libro no marco da xornada ‘Comunicar + Saúde’, na que tamén se abordou o uso das redes sociais entre adolescentes e o seu vínculo coa saúde mental.
EVENTOS/ACTIVIDADES FORMATIVAS
Curso de Estratexias de Comunicación Dixital para o Desenvolvemento Sostible o Impacto Social [inscrición aquí]
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación corporativa organiza o curso Curso de "Estratexias de Comunicación Dixital para o Desenvolvemento Sostible o Impacto Social" impartido por Mar Cuervo, responsable de estratexias de Marketing e especialista en comunicación e estratexias dixitais.
Información:
IV Premio Cátedra Vegalsa-Eroski UDC ao mellor Traballo de Fin de Máster en [Criterios ASG e Propósito Corporativo] [Pendente resolución]
A Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa convoca a
cuarta edición do premio ao mejor Traballo fin de Máster (en adiante TFM)
realizado por estudantes que obtivesen nunha universidade galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), mediante a realización dun TFM nalgunha temática relacionada directamente cos ‘Criterios ASG (ambientais, sociais e gobernanza) e o propósito corporativo’.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publicación das presentes bases e rematará o 25 de xaneiro de 2026 ás 24:00h.
Máis información e inscripción na seguinte ligazón
Consulta aquí as bases da convocatoria
ENTREVISTAS
"Todo Comunica" é un novo espazo da Cátedra adicado a divulgar a importancia da xestión da comunicación e o xornalismo na nosa sociedade.
Neste 8-M, contamos coa participación de Ana González Liste, xornalista galega gañadora do premio Sesé de Xornalismo ético para falar sobre feminismo e medios de comunicación. Aquí un adianto...
Continúa Todo Comunica
Esta vez da man de Erika Domínguez Laíño, técnica de promoción e comunicación do CRDO Ribeiro. Coñeceremos as reviravoltas desta marca, así como a importancia de ser máis que un produto.
Todo Comunica regresa
Esta vez contamos con María Paz, directora de Solidariedade Internacional Galicia. Trasladámonos ata unha das súas tendas de comercio xusto para falar sobre diversos temas.
Hoxe, 26 de abril de 2024 en "Todo Comunica", enxeño e curiosidade fusiónanse. Antón Veiga, director creativo de Recados Carmen, fálanos sobre a importancia da comunicación, entre moitas outras cousas.
Aquí un adianto...
Hoxe, 9 de maio de 2024 "Todo Comunica" despidese da mellor maneira posible, e non é outra que en compañia de Fernando Carruesco, director de Atrevia Lab. Un proxecto moi ambicioso no que analizase o éxito de estratexias de comunicación.
Aquí un adianto
Proxecto Soka. Música e teatro para a toma de conciencia sobre a violencia escolar. Rocío Chao Fernández, Aurelio Chao Fernández e Francisco C. Rosa Napal.
Traballo premiado pola Cátedra Vegalsa-Eroski de Compromiso Social, Comunicación e Reputación Corporativa na 2ª edición dos premios “Mellor experiencia docente”, celebrado no marco das Xornadas de Innovación docente UDC o 20 de maio de 2022.
COMversacións. Ciclo de conversas sobre COMUNICACIÓN
No segundo dos encontros, que se celebrará o 4 de abril ás 13:00h na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC; a Cátedra Vegalsa Eroski abordarán cuestións relacionadas cos Novos Retos para xestión de comunicación.
Participan Cristina Aced, de UPF Barcelona School of Management; Tesa Díaz, presidenta de DIRCOM Galicia; Susana Ladra, coordinadora do Campus Innova e Carmen Costa, profesora da Facultade de Ciencias da Comunicación e directora de la Cátedra.
Unha #COMversación sobre Medios sociais, intelixencia artificial e xestión de comunicación? Cristina Aced, de UPF Barcelona School of Management explícacho e falamos máis sobre iso o vindeiro 4 de abril ás 13:00 horas no Salón de Actos de Comunicación da UDC.
No primeiro dos encontros, que se celebrará o 7 de marzo ás 13:00h na Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC; a Cátedra Vegalsa Eroski debulla a relación entre Comunicación, Sustentabilidade e Confianza.
Escoita a Jessica Rey, de Comunicación e Marketing de Casa Grande de Xanceda; María Sande, Xefa de Comunicación Noroeste Iberia Coca-Cola e Marta Rey, profesora da Facultade de Económicas e investigadora no ámbito da sustentabilidade, e vente de conversa.
Día Mundial da Radio. 13 de febreiro.
A directora da Cátedra Vegalsa Eroski, Carmen Costa explica a filosocía do proxecto e as actividades maís inmediatas. Podes escoitar aquí.
Comunicar é saúde. Comunicación para a saúde na sociedade rede
A presente xornada reúne a académicos e profesionais para explicar e debatir, por unha parte, qué se está investigando en España no marco da comunicación para a saúde, e por outra, cómo trasladar información e consellos de saúde aos cidadáns nun contexto de multiplicidade de medios e plataformas. Esta é a primeira xornada que se organiza na Universidade da Coruña sobre esta temática.
Celebración: 2 de decembro de 2021
Vídeo da xornada:
Experiencias #ComunicarSalud. Divulgar saúde nas redes
Saúde Mental por Iria Veiga
Mindfulness por Sandra Mosquera
Nutrición por Lidia Folgar
